Novos cursos de Software Libre da Rede de Dinamización e novo centro en Monte Porreiro

Lendo mancomun.org:
“Durante estes meses de verán a Rede de Dinamización tampouco parará de impartir cursos de formación de Software Libre. Desde a súa páxina web pódense ver todos os cursos que ofertarán e dos cales destacamos dous de recente incorporación:
* Curso de GIMP (edición e retoque fotográfico) no concello de Cuntis
* Curso de OpenOffice.org Writer no concello de Pontevedra .”…


…”Ademais, acábase de estrear un novo centro da Rede coa incorporación do centro de Monte Porreiro que se puxo en marcha onte e que conta coa tecnoloxía máis avanzada e con software libre para desenvolver todo tipo de actividades relacionadas coa formación nas novas tecnoloxías. O equipamento está composto por 10 ordenadores para os usuarios, 1 cámara fotográfica dixital, 1 retroproxector, 1 impresora láser, 1 impresora a cor, 1 escáner, webcams e lectores de DNI…
No acto de inauguración estivo presente Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e Montserrat Prado, delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria en Pontevedra. “…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios