O pontés Manuel Pellón, campión galego de descenso

No Campionato disputado este domingo en Vilaboa

Cento dezasete competidores déronse cita este domingo en Vilaboa nas distintas categorías do Campionato Galego de Descenso.

Na proba Élite resultou vencedor o pontés Manuel Pellón Carballeira, do BDM Bike Club, cun tempo de 2:43:56.

O segundo mellor tempo foi para Gabriel Alonso, do Xtrembike, con 2:44:47, e o terceiro para Marco Veiga, do Ciclosquintena Santa Cruz, con 2:44:65.

Nesta proba participaron 31 ciclistas, conseguindo Manuel un magnífico terceiro ouro galego para a o seu palmarés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios