Amigus
As Pontes

O Caneiro: A Capela da Virxe do Rosario

Un dos barrios máis pobres e aillados de As Pontes era o Caneiro, ubicado en dirección Muras, feligresía coa que tamén mantivo moita relación. Os veciños do Caneiro eran labradores humildes (cultivaban nas terras que hoxe forman parte da área recreativa), e entre eles, estiveron os García e os Pernas (tamén en Carelle), emparentados coa familia dos Martínez e dos Bellas do Freixo, que foron familias moi humildes que ademais de labrar na terra tamén traballaron cos seus carros de bois como arrieiros, transportando e vendendo na madeira, chegando nun tempo a leva-los travesaños para a construcción das vías do tren.

2-Capela-foto-actual.jpg


1-Capela-anos-70.jpg

Os García eran familia moi numerosa – como acontecía coa maior parte das familias do Caneiro -, fillos de Josefa García (a miña tataraboa) e recoñecidos máis tarde polo que foi seu marido (Agustín do Souto). No funeral de Josefa houbo poucos cregos, e pouco boato, por ser “pobre de solemnidad”, como di a súa partida de defunción. Afortunadamente hoxe a pastoral de As Pontes non fai este tipo de distincións entre pobres e ricos, nin permite facer funerais con categorías por números de cregos.
Outras familias habitaban no Caneiro na segunda metade do século XIX. No presente documento cítanse ós Pena (Peña), ós Vivero, ós Souto, Franco, Corral, Bañal, Piñón, Bellas, Pardo (de A Bacariza), Pérez e Pita, e na publicación que fixemos do “censo” de 1845 aparecían: os Castro, Souto, Vázquez, Seco, Cavaleiro, Rodríguez, Cal, Blanco, Pernas.
3-Foto-casas-Caneiro.jpg

O documento que presento nesta ocasión son as contas da Capela do Caneiro que se gardan no libro de Capelas, mencionado a pasada semana.
Poucos datos curiosos nos aporta o presente documento, e é maiormente, o presentalo hoxe eiquí, polo valor de presencia documental da Capela do Caneiro; pero entre os datos máis salientables que nel figuran estaría o de que a espadana da Capela foi feita no ano 1877 e que o seu reparador –descoñecemos quen era- foi elixido por subasta pública, e que tivo o coste de 300 reais.
5-Foto-da-espadana.jpg

O outro dato axúdanos a data-la imaxe da Virxe do Rosario. Viña a suplir unha anterior. Foi mercada en 1887, e costou 400 reais.
Maiordomos da Capela do Rosario do Caneiro
1860 José Pena
1861 José Pena
1862 Juan de Castro
1863 Pedro Corral
1864 Manuel Franco
1865 Eusebio Corral
1866 Pascual Bañal
1867 Antonio García
1868 Antonio García
1869 Vicente Piñón
1870 Vicente Piñón
1871 Salvador Bellas
1872 Antonio Pardo
1873 Pedro Jarel
1874 Andrés do Cal
1875 Manuel Andrés Corral
1876 José Cabaleiro
1877 Antonio Pardo
1878 Antonio Pardo
1879 José da Peña
1880 Francisco Franco Romero
1881 Juan Castro
1882 Eusebio Corral
1883 Pascual Bañal
1884 Pascual Bañal
1885 Manuel Perez
1886 Manuel Perez
1887 Fran(co) Jarel
1888 Manuel Vivero (de la Carballeira)
1889 Gabriel Pita (del Paradelo)
-?
1895 Andrés Cal
1896 Antonio Bellas (de la Bacariza)
1897 Antonio Bellas?
1898 Manuel Castro
Non aparece no libro o dato do retablo da capela do Caneiro (mezcla de barroco e neoclásico) que no ano 1908 fora retirado da Igrexa Parroquial de As Pontes, onde se atopaba xunto con outro nas entradas laterais do presbiterio, ambos eran bastante acordes co estilo do retablo maior actual, e foron trasladados nese ano de 1908, ás capelas de “Yllade” e o Caneiro. Esa é pois a procedencia do retablo de O Caneiro e así figura no libro de Fábrica de As Pontes e nas publicacións de don Enrique Rivera Rouco sobre a Igrexa Parroquial, á que adicarei unha futura publicación.
4-Casa-de-1901-Caneiro.jpg
Casa do Caneiro dos primeiros anos do século XX

Pareceume interesante agregar a todos estos datos do Caneiro algo sobre a Ponte de Illade, que hoxe en día se atopa na área recreativa do Caneiro, e que forma parte da publicación de Carlos Fornos, “As Pontes de As Pontes”, do libro das festas do Carme 1990. Presento esa publicación de Carlos Fornos, persoa que amosou con estudios coma o que del ó final vos presento, o seu agarimo polos elementos patrimoniais de As Pontes.
Xabier Martínez
Escritos Orixinais da Capela do Caneiro
doc1.jpg
Podedes ver as 22 páxinas ampliadas premendo neste enlace

Transcripción Orixinal

6-Ponte-de-Illade-antes-do-.jpg
Ponte de Illade trasladada á área recreativa do Caneiro

Fragmento do artigo de Carlos Fornos: “As Pontes de As Pontes”, publicado na Revista das Festas do Carme 1990, 79-87 pp.
“Descripción de los puentes de Illade y Chamoselo.
Ambos puentes tienen en común su tipología. Son puentes de un solo vano en arco de medio punto, es decir, semicircular, con calzada alomada y construidos con mampostería pizarrosa.
El puente viejo de Illade tiene un arco algo peraltado, con un aparejo de lajas pizarrosas muy desiguales que denota una factura absolutamente artesanal. Su fecha de construcción es incierta, pues se trata de formas que han pervivido durante muchos siglos. Es probable que sea medieval e incluso anterior a García Rodríguez. Por imperativos de la explotación minera, fue desmontado y reconstruído en el Caneiro, aunque con un abombamiento mucho más pronunciado.
El puente del Chamoselo, llamado “Romano”, es un puente de arco que presenta la tipología de un puente medieval, aunque la escasez de elementos de cantería le resta algo de nobleza. Está, sin embargo, bastante mejor aparejado que su vecino de Illade, presentando por ello un mejor aspecto. Creemos que su fecha de construcción no debe ser anterior al Siglo XIII y probablemente contemporáneo del anteriormente citado. Sus actuales condiciones de estabilidad son precarias, pues presenta fuertes desgastes en el extradós de la clave de la bóveda debidos al tráfico. A mi juicio necesita una urgente actuación para su consolidación”.

7-Ponte-de-Illade,-debuxo.jpg
Ponte18.jpg
Ponte de Illade, no seu novo enclave no Caneiro

También podría gustarte
Comentarios