As Pontes celebrou a festividade de San Jose ó grande gracias á prolífica canteira do CD As Pontes. O equipo Alevín A lograba esta mañá o 32º título de Liga da Ría de Ferrol na historia da canteira pontesa, sumadas ós 25 títulos de Copa.
Si a semana pasada era o equipo infantil o que acadaba o subcampionato de Liga, hoxe o Alevín A sentenciaba o torneo ligueiro a falta de tres xornadas para o final toda vez que no peor dos casos o segundo clasificado, o Eume Deportivo, como moito podería igualar ós azuis na clasificación, pero perdería cos ponteses no goal average (1-2 en Pontedeume, 2-0 en As Pontes).
No encontro disputado hoxe á mañá no Campo da Malata os azuis comezaron cos nervios propios da gran cita, e non foi ata mediada a primeira metade cando o gran carrileiro Adrián abría a lata, que pouco máis tarde o goleador Josiño ampliaba de tiro sutil tras quedar so ante o porteiro. Antes de chegar ó descanso, Esteban, que fixo un gran partido atrás marcaba o 0-3 da tranquilidade dun forte zapatazo dende fóra da área que se colaba pola escadra, recordando o instinto goleador da súa irmá Nerea, ex futbolista do As Pontes Feminino.
No segundo tempo, Andrés poñía o 0-4 no marcador tras rematar en plancha un centro de Josiño, culminando unha tempada excelente. Ata Pedro marcou o 0-5 e o pequeño dianteiro pontés fixo a súa particular voltereta. No último minuto de partido chegou o 0-6 definitivo nun maxistral lanzamento de falta de Josiño. Neste segundo tempo resaltar un tiro ó longueiro de Adrián e un á cruceta do todo terreo Jorge.
A xeneración do 99 logra o seu segundo título ligueiro tras acadar o torneo Prebenxamín en 2007, e ser segundos en Benxamín en 2009 por detrás do Portuarios de Ferrol. Nesta Liga e a falta de tres xornadas levan 18 victorias por 1 empate e 1 derrota. Ademáis dous dos seus futbolistas foron convocados pola selección de Ferrol Alevín, Andrés Pita en unha ocasión, e Josiño Pico en tres.
O adestrador Rebolo e o seu axudante Cal aliñaron no partido de hoxe a 1 Lino, 3 Martín, 4 Alex, 7 Adrián, 8 Andrés, 9 Josiño e 10 Jorge. Despois entraron 2 Pedro, 5 Esteban, 6 Jandro, 11 Antón e 12 Bruno.
Goles: 0-1, Adrián, 0-2, Josiño, 0-3 Esteban. 0-4, Andrés, 0-5, Pedro, 0-6, Josiño.
LIGA ALEVÍN 2010-11 Grupo 1
Primeira Volta
As Pontes 8 Ánimas 3
Racin San Pedro 0 As Pontes 5
As Pontes 11 O Val B 1
Galicia de Caranza 1 As Pontes 2
Descansa As Pontes
As Pontes 3 Rápido de Neda B 1
Eume Deportivo 1 As Pontes 2
As Pontes 12 Barallobre 0
Portuarios B 5 As Pontes 2
As Pontes 7 EFR Ferrol B 1
Libunca-As Pontes (equipo retirado da competición)
As Pontes 6 Narón BP 1
EFR Ferrol C 3 As Pontes 8
Segunda Volta
Ánimas 1 As Pontes 3
As Pontes 3 Racing San Pedro 3
O Val B 0 As Pontes 11
As Pontes 2 Galicia de Caranza 1
Descansa As Pontes
Rápido de Neda B 5 As Pontes 6
As Pontes 2 Eume Deportivo 0
Barallobre 0 As Pontes 14
As Pontes 7 Portuarios B 4
EFR Ferrol B 0 As Pontes 6
As Pontes-Libunca (equipo retirado da competición)
Narón BP-As Pontes (2-4-2011)
As Pontes-EFR Ferrol C (9-4-2011)
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.