Amigus
As Pontes

ESTADO DO MALESTAR, DEFENDE OS TEUS DEREITOS!!!



QUEN SOMOS?
Non somos ningún partido político, nin ningún sindicato.
Somos un movemento cidadán desvencellado de calquera organización, que REXEITA FRONTALMENTE todo tipo de discriminación, sexa polo motivo que sexa, así como a apropiación de Estado do Malestar ou a súa identidade por parte de calquera grupo e/ou ideoloxía, sexa do signo que sexa.
Simplemente somos cidadáns de todas as idades e con diversidade ideolóxica, pero cun denominador común: a indignación e cabreo ante un sistema político e financeiro polo que nos sentimos traizoados e que, na nosa opinión, non da máis de sí.
Somos as xeracións traizoadas ás que se lles vendeu un gran futuro, cun sólido benestar e as que ían ter o mundo aos seus pés. Pola contra somos as xeracións estafadas, infravaloradas e esquencidas, ás que creen estancadas no sofá diante do ordenador ou da TV.
Este grupo de persoas non está disposto a ficar quedo vendo como a pasos axigantados esnaquizan un futuro que é noso. Non estamos dacordo coa xestión política, a xestión sindical nin cun sector empresarial que só contempla o seu propio benefizo sen ética algunha. Esta situación insostible levounos a sair á rúa e asumir, por fin, a nosa responsabilidade co noso futuro e o dos nosos veciños, amigos e familiares.
Non somos invisibles, somos moitos os que sentimos igual. Xa que vivimos nunha democracia queremos ser escoitados e ímonos facer oír. Por isto xuntámonos en diferentes vilas e cidades españolas todos os venres de forma pacífica e sen tolerar acto violento algún.
Dando exemplo de respecto e coherencia únimonos dende a indignación deixando de lado as nosas diversas formas de pensar e demandamos unha verdadeira e transparente actuación de todos os actores sociais do noso pais, baseada nos DEREITOS e as LIBERDADES FUNDAMENTAIS.
viewerpol.png

También podría gustarte
Comentarios