Amigus
As Pontes

O Concello de As Pontes e a escola Néboa desenvolverán, dende xaneiro, un curso de monitor de tempo libre

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As clases para acadar este título homologado pola Xunta de Galicia desenvolveranse dende xaneiro ata maio no colexio A Magdalena.
RTV Eume. O Concello de As Pontes, a través do departamento de Servizos Sociais, e coa colaboura da Escola de Tempo Libre Néboa e a Dirección Xeral de Xuventude, porá en marcha, coa chegada do novo ano, un curso de monitor de tempo libre.


A iniciativa, homologada pola Xunta de Galicia, desenvolverase entre o 23 de xaneiro e o 22 de maio de 2010, con clases que aunarán contido teórico, con 200 horas de duración, e práctico, con 150 horas de prácticas ou 14 días de actividades en campamentos, colonias… No tocante ás clases teóricas, éstas desenvolveranse os sábados, de 09.30 a 14.30 e de16.30 a 20.30; e mailos domingos de 9.30 a 14.30 horas, no colexio A Magdalena.
As clases, impartidas por integrantes da Escola Néboa, abordarán aspectos coma a psicoloxía, a socioloxía, a educación no tempo libre, medio ambiente, saúde, plástica ou xogos, entre outras disciplinas.
Para poder participar é preciso ser maior de idade, estar en posesión do título de Graduado Escolar ou de Secundaria, técnico auxiliar en Formación Profesional ou equivalente. O prezo de matrícula será de 60 euros para os veciños e veciñas de As Pontes que desexen anotarse neste curso que deberán entregar, ademais da folla de inscrición, fotocopia do Documento Nacional de Identidade e do título formativo esixido, unha fotografía tamaño carné recente, curriculum vitae e o resgardo do pago da cota de matriculación e que se poderá aboar na conta habilitada para tal fin na entidade Caixa Galicia.
Os interesados en obter máis información poden contactar coa Oficina Municipal de Información á Xuventude, ubicada no departamento municipal de Cultura, na Casa Dopeso; telefonar ao 981 44 03 44 e 669 111 183 ou ben remitir un correo electrónico aos enderezos cultura@aspontes.org e escola@neboa.org.
O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 15 de xaneiro de 2010

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios