Amigus
As Pontes

O Concello de Santiago repartirá 500 cd de OpenOffice.org entre as empresas da comarca

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo mancomun.org:
“Onte o coordinador do proxecto Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre ofreceu unha charla introdutoria sobre Software Libre orientada a empresarios da comarca de Compostela. A Rede de Cooperación Local dependente da Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago organizou este acto que tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre.”…


…”O Concello de Santiago repartirá ademais 500 cd con OpenOffice.org 2.0.4 en galego e cun corrector lingüístico incluído entre as empresas de Compostela e a súa área de influenza. Ademais do OpenOffice.org tamén se obsequiou ás empresas co libre de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto.
A Rede de Cooperación Local é unha iniciativa orientada a fortalecer os vínculos entre o contorno produtivo e os xeradores do coñecemento tecnolóxico, de cara a identificar e impulsar iniciativas conxuntas que potencien o desenvolvemento do sector produtivo da comarca e da cidade en base ó potencial tecnolóxico existente.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios