O futuro de As Pontes

O CONCELLO de As Pontes ten magníficas posibilidades de futuro, baseadas en feitos:


1º) A transformación dos catro grupos da Central Térmica de Endesa para consumir só carbón de importación. Esto, aínda que leva parello o peche da mina no 2008, garante a continuidade da central practicamente dunha maneira indefinida, reduce drasticamente a contaminación e mantén o traballo a moitos transportistas.
2º) A construcción dos grupos de ciclo combinado de gas e vapor por parte de Endesa, co que se consigue, aparte de crear postos de traballo, diversificar a producción de enerxía, igual que o fan os parques eólicos, tamén moi abundantes na zona.
3º) A construcción dunhas estradas dignas na bisbarra, despois de tantos retrasos.
4º) A diversificación industrial, con empresas como Einsa, Galparquet, LM Composites, Danigal, etcétera.
5º) As Pontes ó mellorar as estradas convértese nun centro industrial da bisbarra.
6º) O conxunto formado pola escombreira e o futuro lago artificial poden atraer turismo.
Mais para que este futuro se materialice, fan falta outras cousas. A primeira, que as empresas autóctonas (Toxeiro, Cuíña, Severiano, Sanmartín…) aposten por este pobo. Segunda, que non se faga demagoxia co protocolo de Kioto e dende Madrid tomen medidas prexudiciais. Terceira, que Xunta e Deputación non sigan a marxinar a este Concello. Cuarta, que os políticos locais actúen coa coraxe, traballo e intelixencia necesario. E sexta (a máis importante), que os veciños deste pobo creamos en serio nese futuro, que o noso clima non é tan malo, que tamén temos praias formidables a trinta minutos e que vivir nas Pontes merece a pena.
Por Xosé Bieito Coello, La Voz de Galicia

También podría gustarte
Comentarios