O proxecto NETI@home recolle datos do uso da Internet para evitar atascos

Lendo codigocero.com:
“O profesor da Universidade de Georgia Tech, George Riley co estudiante de postgrado Robby Simpson (na imaxe ambos) pretenden recolectar datos directamente dos usuarios da Internet mediante unha aplicación informática de código aberto que xunta a información estadística relativa ó funcionamento da Rede, como o tempo de resposta medio, o tempo medio de comunicación ida e volta, o tempo de conexión, o tempo de descarga e a cantidade de paquetes enviados e recibidos.”…


…”Coa información recollida realizarán unha análise e deixaranos a disposición pública, pois desexan que sirva para mellorar a Internet, optimizándoa para evitar os atascos na mesma.
O proxecto chámase NETI@home, claramente instirado no proxecto SETI@home (que busca vida extraterrestre), e non compromete información privada, xa que só analiza o rendemento das conexións de Internet, podéndose configurar o nivel de privacidade desexado.
De evolucionar o sistema acadando unha masa de usuarios importante, podería servir para ofrecer información en tempo real, e tamén podería empregarse para detectar virus e vermes. Tamén podería servir para realizar análises de calidade de conexión de Internet ofrecida por distintos proveedores, o que podería ser moi comprometedor para algúns ISP.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios