O SERGAS investirá máis de 850.000 euros no novo Centro de Saúde de As Somozas

O Servizo Galego de Saúde investirá no novo centro de saúde de As Somozas un total de 857.591 euros. Así se reflicte na edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia, onde se publica a resolución pola que se anuncia a licitación para este nova instalación sanitaria.


O prazo de execución da obra será de doce meses, e este novo edificio substituirá ao actual consultorio, que abrangue ao redor de 1.200 tarxetas sanitarias.
Está prevista unha superficie de atención aos usuarios e usuarias de As Somozas de 800 metros cadrados. O programa funcional desta nova infraestrutura para a Área Sanitaria de Ferrol comprende dúas consultas de medicina xeral, unha de pediatría, unha de enfermaría, unha de Urxencias e unha sa para a muller.
A estes novos espazos engádese unha sa polivalente, unha biblioteca, unha sa para o persoal, zona de almacenaxe, vestiarios, e os espazos axeitados para as esperas e circulación da poboación e dos profesionais.

También podría gustarte
Comentarios