O software ‘privativo’ non se axusta ó Dereito Administrativo

Lendo barrapunto.com:
“Segundo se desprende dos estudios realizados polos servicios xurídicos de Hispalinux, as actuais licencias de software privativo teñen graves dificultades para poder ser usadas por administracións e entidades públicas. Un desenvolvemento máis completo dos problemas que se detectaron pode verse no artigo publicado no nº 28 do Boletic titulado Terrorismo Informativo sobre o software libre“…


…”A lexislación española é especialmente clara en canto á adquisición de bens e servicios informáticos. Concretamente:
RD 2572/1973.
V CONTRATACIÓN DE PROGRAMAS
Cláusula 26 ‘Libre uso dos programas’
Os programas utilizables pola administración, en virtude da compraventa ou arrendamento, como consecuencia da adquisición de equipos, ou de contrato independente, serán de libre uso da mesma en calesqueira equipos ó seu servicio.
> Este feito fai que o aumento da litixiosidade poida ser unha das consecuencias da reiterada actitude de obviar que as licencias privativas (incluidas as OEM) soen amosar unha prohibición expresa deste feito. Estas consideracións fan que ditos productos nin sequeira poderían presentarse ós requisitos dos plegos de licitación e catálogos de adquisición das administracións e entidades públicas españolas.
> Hispalinux comezou a comunicar este feito en distintos ámbitos, entre os que se atopan a ‘Asociación profesional do corpo superior de sistemas e tecnoloxías da información da Administración do Estado’ (ASTIC).
> Hispalinux non descarta realizar accións xurídicas específicas en pro de regularizar todas aquelas instalacións que non cumplan a lexislación vixente e interpoñer as conseguintes demandas, denuncias ou reclamacións ante futuras violacións.
> Hispalinux segue mantendo que a adopción de software libre na administración pública ten importantes consecuencias no equilibrio presupostario, no aumento da competitividade das nosas empresas e na nosa independencia tecnolóxica.”
Fonte: barrapunto.com

También podría gustarte
Comentarios