As Pontes acorda contratar o Plan Xeral de Ordenación

Lendo diariodeferrol.com:
“O Concello das Pontes contratará nos próximos meses a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o documento que establecerá as condicións urbanísticas do municipio a tódolos niveis, dende os constructivos, ata os espacios para esparcemento e servicios públicos. Ata agora, As Pontes ten vixentes unhas Normas Subsidiarias que datan do ano 1985, e que están profundamente desfasadas con respecto a outras normativas de rango superior, especialmente coa aprobación da Lei do Solo de Galicia; o que leva a realizar de forma habitual modificacións parciais para que se poidan executa-las obras.”…


…”O goberno local contratará denantes de marzo a redacción do PXOM e tamén a realización da cartografía, traballos que terán un orzamento de 270.000 euros. A Consellería de Obras Públicas subvencionará a iniciativa coa aportación dun 70% do orzamento. Este proceso será longo, dada a complexidade do tema, e espérase ter finalizada toda a tramitación no ano 2006. Ata entón os veciños que queiran construir ou os promotores seguirán os mesmos trámites para obte-las licencias.
De todólos feitos, o Concello xa adiantou algúns pasos nesta actuación, porque está feito o traballo de recollida de información, que acometeu durante os últimos meses un equipo multidiciplinar da Universidade da Coruña.
O goberno local quere facer unha exposición pública deste traballo, e a partir do mes de marzo abrirá unha mostra con máis de cen panéis nos que se poderá ver toda a información urbanística do municipio. Esta mesma documentación será entregada tamén á empresa á que se adxudique a redacción do Plan Xeral, para adianta-los seus traballos.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios