OoDocGal curso online e participativo sobre OpenOffice.org

Lendo mancomun.org:
“OooOoDocGal é un proxecto vivo e en continua transformación de documentación e formación para facilitar o ensino do Software Libre e a iniciación no mundo da informática. Artellado coma un wiki contén materiais didácticos sobre os primeiros pasos perante un computador e ofimática a través de OpenOffice.org. Foi desenvolvido grazas ao activismo da asociación CompostelaWireless e conta co apoio de Mancomun.org e DPInformática.”…


…”O Wiki contén polo de agora dous cursos básicos titulados Achegamento á informática e OpenOffice.org, centrándose no caso da aplicación ofimática no procesador de textos e no xestor de follas de cálculo. Os cursos procuran que o alumno teña competencia non só en programas concretos senón que desenvolva habilidades para poder manexarse con soltura diante dun computador. O obxectivo final é crear unha alternativa non só tecnolóxica senón tamén educativa xa que, segundo expoñen os promotores de OoDocGal, moitas veces os usuarios actúan por inercia e só queren empregar o software no que foron ensinados.
Esta valiosa ferramenta didáctica foi posible mediante o traballo colaborativo dunha serie de voluntarios que desenvolveron os contidos do wiki. Calquera que o desexe pode inscribirse e facer unha achega con novos contidos. Cabe salientar a importancia de ofrecer documentación que complemente e facilite o acercamento dos usuarios ao Software Libre. “…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios