Os asistentes ó foro Infopartix convertéronse, por dous días, en xornalistas dixitais

Lendo codigocero.com:
” ‘Gustaríanos ver nos medios a dimisión de Bush’. Esa é unha das moitas opinións que achegaron os mozos e mozas que asistiron estes días a Infopartix cando se lles fixo a seguinte pregunta: ¿Que é o que vos gustaría ler nos medios dixitais? E continúa a chamada de atención dos máis xóvenes: ‘Os xornalistas deberían preocuparse máis de preguntar ás persoas que participan e non escoitar só os discursos oficiais’.”…


…”Estas e outras reflexións (críticas ou non) puideron escoitarse nun dos seminarios do foro Infopartix que organizou a Dirección Xeral de Xuventude en Santiago, no que dous xornalistas de La Voz de Galicia (Isabel Alvite e César Rodríguez) convertéronse, por unhas horas, en profesores da comunicación, medios dixitais e Internet.”…
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios