O evento “Noite no Mosteiro” congregóu no mosteiro de Caaveiro a preto de 2.000 persoas ao longo do día, sendo o momento de maior concurrencia a partir das 22:00h horas.
Para facilitar o acceso dende A Capela e dar así a coñecer unha das súas rutas de sendeirismo –parte do camino había que facelo a pe, polas Fragas do Eume- o Concello fletóu de xeito gratuito o servizo de autobuses, con saída ás 20:00h e ás 21:00h dende o Concello, coa totalidade das prazas cubertas dende un par de días antes.
No evento se espuxeron as fotografías gañadoras e as 10 finalistas do I Concurso de Fotografía Concello da Capela, convocado polo Concello o ano pasado. O Requeixo da Capela tamén tivo representación cun pequeño corner de degustación e información, no que ademáis se recollían firman para que este produto, orixinal e xenuino, poida ser recoñecido como Requeixo e non erróneamente coma requesón, xa que son productos diferentes.
En canto á programación musical Airiños da Capela deu o pistoletazo de saída cunha animada e divertida mostra de foclore galego na que interactuaron cos turistas sacándoos a bailar ao patio do mosteiro. Gaitas, pandeiretas e acordeóns deron paso á seguinte actuación, esta de música de cámara, a cargo do trío Flutello, composto por violín, chelo e flauta.
Xa metidos na noite, e co alumeado do mosteiro encendido, Adriano e o seu serrucho violín puxeron o colofón musical cun sorprendente e inspirador recital enmarcado dentro da súa xira “Viaje a Ítaca” no que o intérprete ía contando a historia dun instrumento que, según dixo, ten máis de 300 anos de historia.
O peche a esta noite máxica foi para a performance das Hadas Eventi, nesta ocasión representando a lenda das “fadas do bosque”; unha actuación que levantóu un sonoro “ohhhh” entre o público asistente.
Ata a 01:00h da mañá, o mosteiro permanecéu iluminado formando una estampa moi visual.
Nova cortesía do Concello da Capela