Publicados os informes sobre a implantación de Software Libre no ensino e nos concellos de Galicia

Lendo mancomun.org:
“O Observatorio Galego de Software Libre que promove a Consellería de Innovación e Industria acaba de publicar os estudos sobre a implantación de Software Libre no ensino non universitario e nos concellos de Galicia. Este traballo complementa ao xa presentado o pasado mes de maio sobre o sector TIC e as PEMEs e está accesible na sección de informes do Observatorio, onde tamén se atopan os resumos executivos dos concellos e ensino.”…


…”Como principais resultados deste detallado estudo, podemos afirmar que o descoñecemento e a falta de formación son as maiores trabas para a implantación do software libre nestes ámbitos. No caso dos Concellos, o 34% afirma usar Software Libre, mentras que no ensino non universitario só o 20% dos centros galegos empregan Software Libre para o desenvolvemento das súas funcións.
Os informes, ideados co fin de establecer o grao de implantación do Software Libre nos distintos ámbitos galegos, foron realizados en colaboración co CESGA e remataranse o vindeiro ano cunha nova recollida de datos e a posterior análise comparativa da evolución experimentada en Galicia. “…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios