Dispoñible para descarga a versión 2.2.12 de GIMP

Lendo agnix.org:
“Similar ao coñecido Photoshop pero coa vantaxe de ser software libre. GIMP (GNU Image Manipulation Program) naceu como unha opción para GNU/Linux que terminou migrando, como moitos outros, a Windows. A empresa anunciou o lanzamento da súa última versión estable: 2.2.12
Este potente editor de gráficos permite retocar imaxes grazas ao seu completo conxunto de ferramentas de debuxo e coloreado, clonación e ademais a composición de presentacións multimedia.”…


…”Para o seu uso en Windows, require ter GTK 2 para Windows instalado, o cal pode descargarse desde o sitio oficial de Gimp ou desde SourceForge.
Soporta distintas capas e canles, e é compatible cos formatos gráficos BMP, GIF, JPG, PCX, PNG, PS, TIF, TGA, XPM, etc. Ademais as súas capacidades poden estenderse a través de numerosos plugins.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios