Qué estamos facendo?

Premio á “Peor cabana”… O mal gusto abunda na querida festa pontesa, 101 anos de experiencia non abondan para saber por parte de todos, que o plástico non é de agrado de ninguén, e que taparse nunha festa de destape e reencontro cos veciños e amigos tampouco…

IMG_7441.jpg


Xestas no millor dos casos… pero… taboas de pino, lonas, contrachapados, recortes de tronco, e mesmo ata as chapas metálicas oxidadas das cintas da mina, colchóns e sofás, forman parte cada ano dunha estética de feismo brutal nesta tradición centenaria que ano tras ano tratamos de asesinar, ferir, e cambiar a toda costa hacia un botellón infinito exportable ás pandillas sen sentido das cidades da provincia para que axuden, si é que nos todavía non somos capaces de acabar de destruir…
Moita xente que foi toda a vida á festa da Fraga está parando de asistir ultimamente, non son capaces de atopar sitio, as cabanas e construccións verticais ameazan enriba das mantas e mesiñas das merendas, e as carpas das peñas e asociacións mídense por ferrados e kilowatios de neveira e lavavaixelas…
Onde está a tradición, o bon beber, o bon comer, a convivencia, a agradable vista das merendas e mesas, a música popular, a danza galega, akelas 2 ou 3 cabaniñas feitas con moito cariño merecedoras dun premio de decoración enxebre e popular… onde está a xente de sempre, onde están os pais e avós da zona nova, ONDE ESTÁ A FESTA FRAGA ??
DICÍDEMO QUE NON A VEXO.
Do carballo e quen o cortou está todo dito.
hugolate

IMG_7459.jpg
IMG_7463.jpg
IMG_7472.jpg
IMG_7474.jpg
IMG_7477.jpg
IMG_7478.jpg
IMG_7479.jpg
IMG_7482.jpg
IMG_7483.jpg
IMG_7486.jpg
IMG_7494.jpg
IMG_7496.jpg
IMG_7499.jpg
IMG_7430.jpg
IMG_7433.jpg

También podría gustarte
Comentarios