Amigus
As Pontes

Récord mundial de velocidade nunha transmisión inarámica

Lendo agnix.org:
“Investigadores da Universidade de Essex do Reino Unido conseguiron o récord mundial de transferenza de datos nunha rede inarámica. Nunha rede punto a punto transmitiron 10,4 Gigabits nun segundo, o equivalente a máis de 162 000 chamadas telefónicas simultáneas, ou arredor de 10 000 conexións de internet de banda ancha.”…


…”Tal velocidade non se realizou con tecnoloxía nova senón cambiando nalgúns puntos o estándar IEEE 802.15 que rixe o proceso de estandarización de comunicacións de radio de banda ultra-ancha. O equipo do departamento de enxenería electrónica de sistemas ven a demostrar que aínda é posible maior velocidade cos enlaces inarámicos actuais.
O profesor Stuart Walker, resposable do equipo, comentou que “Este logro representa a culminación de moitos meses de coidadoso traballo. Os sistemas de transmisión de multigigabit de calqueira tipo requiren un deseño moi coidadoso, e as conexión inarámicas non son excepción a iso. A pretensión inicial foi só investigar o rendemento de antenas planas económicas. Sorprendéronnos os resultados iniciais e tentamos mellorala implementación inicial”.
O equipo da Universidade de Essex transmitiu 10.4 Gigabits ( 104 seguido de 8 ceros) de datos entre dous puntos situados a 60m na liña de visión un doutro, aínda que é posible conseguir distancias maiores e estase a investigar o caso.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios