Red Hat e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia asinan un convenio de colaboración

Lendo mancomun.org:
“Trátase do primeiro acordo desta natureza que asina Red Hat en Europa cunha entidade pública. O convenio co CNTG (Centro de Forrmación en Novas Tecnoloxías de Galicia) especialmente dedicado á formación de profesionais, tamén abrangue tarefas conxuntas de observación das tendencias actuais de mercado co obxectivo de desenvolver o programa formativo e informativo que mellor se axuste ás circunstancias do momento presente e do inmediato futuro.”…
redhat.png


…”O director xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca Díaz, e o director financeiro de Red Hat Europa, Oriente Medio e África, Brendan Lane, empresa sobranceira no eido da programación aberta, asinan este acordo que está especialmente encamiñado a achegar formación de calidade e certificada en tecnoloxías de crecemento para fomentar a innovación no eido das novas tecnoloxías, xeración de calidade na prestación dos servizos e mellora da produtividade das empresas.
A actividade está pensada para profesionais galegos á procura de métodos de fortalecemento do currículo e consistirá nun exhaustivo programa de seminarios tecnolóxicos, novos produtos e accións informativas para o tecido produtivo galego.
Red Hat é unha compañía de recoñecido prestixio presente nos cinco continentes que basea a súa oferta tecnolóxica no apoio á tecnoloxía de código abierto. Tanto o Director Xeral de Formación e Colocación, como Santiago Madruga, Country Manager de Red Hat para España e Portugal presente no acto da sinatura, salientaron a importancia dun acordo que lles vai permitir aos profesionais galegos obter unha formación de alta calidade en tecnoloxías en crecemento.
O convenio, que tamén é o primeiro deste tipo que se asina en Europa entre Red Hat e unha administración pública, ten por obxecto iniciar unha liña de colaboración estábel entre ambas as dúas partes dirixida a impartir formación oficial certificada e dotar o mercado de profesionais cualificados ao máximo nivel.
Ambas partes comprométense a definir fórmulas de cooperación e canles de comunicación que permitan detectar a evolución e tendencias do sector, para a elaboración de programas formativos que se axusten e anticipen á demanda real do mercado.
O acordo inclúe o desenvolvemento de seminarios tecnolóxicos, presentación de novos produtos e accións informativas ou sensibilizadoras que sexan de interese para o tecido produtivo da comunidade autónoma galega.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios