Regalo dos Reis Magos: o novo GNIX-0.10-rc1

Unha moi boa nova dende AGNIX, XA TEMOS O GNIX-0.10-rc1, ¡parabéns!

gnix_150.jpg

Lendo agnix.org:
“Dende a última versión do GNIX (a 0.8.22 do 24-2-2005) pasou moito tempo, sen dúbida. Este tempo foi empregado en estudar con detemento a nosa base de desenvolvemento. O proxecto Morphix parecía estancado aínda que sempre tiñamos claro que era unha via perfecta para crear distros personalizadas e de xeito doado.”…


…”Por en cuanto tamén decidimos procurar reforzos en tódolos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux) e, tralo ofrecemento xeral, acadamos acordos con GLUG, AULUSC, GALPon e A Casa Encantada. Isto xunto a unha máquina exclusiva que foi donada por unha empresa a AGNIX e logo aloxada no CESGA permitiunos ofrecer o que agora tes: o novo GNIX-0.10-rc1.
O traballo xa é colaborativo e ademais temos dúas liñas de desenvolvemento: unha seguindo a Ubuntu e outra na Debian. A que anunciamos agora está baseada na vindeira Ubuntu, achegándose ao sistema de carga de Metadistros que tamén está sendo empregada pola Guadalinex. O desenvolvedor principal deste GNIX é Pedro Silva e as novidades máis xeitosas son:
* O sistema de arquivos do cdrom móntase con unionfs, o cal permite a escritura en medios de só lectura. Esto significa que podemos instalar paquetes novos no cd-vivo, e modificar o que desexemos.
* Un novo sistema de detección de hardware avísanos das conexións e desconexións de dispositivos usb coma discos, chaves usb, cámaras, etc.
* O instalador en disco duro da live-cd respecta os cambios que fixemos no sistema vivo. A parte da súa facilidade de uso, con só unhas poucas preguntas durante o proceso (está sendo traducido).
* O idioma predetermindado é o galego. O escritorio GNOME xa está ao 100% traducido grazas ao proxecto Trasno.
En breve crearemos unha rolda de correo-e específica para que participes ti tamén e nos comuniques os erros, melloras desexables …
Felices Reis Magos!”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios