Regata de Piragüismo do Memorial Carlos Fornos e Trofeo José Ramón Corral 2017 no Lago de As Pontes

O vindeiro domingo 4 de xuño. A pasada edición o número de participantes foi de preto de 400 e se espera un nivel de participación similar ou maior.

O domingo 4 de xuño a partir das 10:30 terá lugar no Lago das pontes a desputa do Memorial Carlos Fornos/Trofeo José Ramón Corral 2017.

Regata das modalidades de K4 e C4 das ligas galegas de cadetes, junior, senior e veteranos, tanto masculinas coma femeninas.
Estará encadrada no Grupo 2 da Liga Galega.

Horarios

k4 home cadete: 10:30, 2 voltas,
k4 mulleres (todas): 11:15, 2 voltas,
C4 (todos): 12:00, 3 voltas (agás c4 cadete, que dan 2),
k4 home senior, junior e veterano: 13:00, 3 voltas.
Voltas de 3km aproximadamente.
A sáida sera dende a praia co carto integrante da embarcación en terra.
A organización recomenda o uso de cubrebañeiras e achicadores en todas as embarcacións.

Trofeos

Ademáis dos premios “individuais” ás tres priemeiras embarcacións de cada categoría, a organización fará entrega dos seguintes trofeos:
Trofeo memorial Carlos Fornos: mellor equipo senior home (k4+c4)
Trofeo memorial José Ramón Corral: mellor equipo cadete e junior home (k4+c4)
Trofeo Concello das Pontes: mellor equipo feminino (todas as categorías).

Percorridos

Percorrido previsto

Percorrido alternativo

En caso de que as condicións meteorolóxicas sexan de vento forte cabe a posibilidade de que a regata se realice no Encoro da Ribeira, xunto as instalacións do Grupo Xuvenil.
Se avisaría con 24 horas de antelación.

Instalacións

Outra información.

Se permiten as embarcacións con tripulantes de diferentes clubes non puntuables, pero con dereito a trofeo.

Haberá bolsas con bocadillo e bebida para os participantes.

As inscricións poderán realizarse a través da web da federación para equipos galegos ou do correo kayak-canoa@fegapi.org para equipos de fora de Galicia e embarcacións con deportistas de diferentes clubes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

También podría gustarte
Comentarios