Amigus
As Pontes

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

TERCEIRA DIVISIÓN
Noticias moi tristes nos trouxo onte o As Pontes co falecemento do pai de Kata. Ó xogador barcelonés e a súa familia o máis sentido pesar de toda a familia pontesista.
No plano deportivo, vital foi o triunfo do As Pontes en Ordes (1-2), o que lle dá moitas posibilidade de salvarse. Iso si, necesita da unión de todos, do apoio do público, e tentar gañar os dous encontros que lle quedan recibindo ó Rápido de Bouzas e visitando ó Bergantiños en Carballo. No encontro de hoxe só puido contar Manolo García con 14 xogadores do primeiro plantel, máis os xuvenís Palas e Fabio. Adiantáronse os locais, pero o As Pontes foi a por todo, e Chote cun golazo ó borde do descanso e Bossa mediada a segunda metade outorgaron os vitais tres puntos. Para a semana semella que se pode recuperar a Jordi, e volverán Chicho e Dani. O próximo domingo ás seis da tarde virá a As Pontes o difícil Rápido de Bouzas, que aínda que non se xoga nada, conta cun gran plantel. Iso si, o Poboado ten que rexistrar a mellor entrada da temporada. Bergantños 41puntos, Negreira 40, Estradense 39, As Pontes 38, Areas 37, Betanzos 36, Lalín 36 e o xa descendido Sanxenxo con 28 puntos.
As Pontes depende de si mesmo para salvarse do descenso directo. Gañando os dous partidos que restan quedaría 15º cos mesmos puntos que Bergantiños (34) se este gaña en Vilalonga, pero superaría ós de Carballo polo coeficiente particular entre eles (vitoria dos ponteses nos dous partidos). Incluso podería quedar fóra dos arrastres da Segunda B (Celta B e Montañeros) dependendo dos resultados que acaden Negreira e Estradense. Se os dous non suman máis de tres puntos (Negreira) e catro (Estradense), o As Pontes acadaría a posición 13ª posición con 44 puntos, libre de todo descenso. Hai tamén outras posibilidades se se producen empate a puntos entre varios equipos. Todo é posible, pero hai que gañar primeiro ó Bouzas no Poboado (domingo 6, 18:00), esperar os resultados dos outros equipos implicados para saber o que hai que facer na derradeira xornada.


EQUIPO B
Moi boas novas do segundo equipo co seu triunfo 0-1 (Javi) ante o Ánimas que debería garantirlle a permanencia, pois a falta de dous encontros alonxa ós tres presumibles descensos en sete puntos, Barallobre e Narón BP 26 e Valdoviño 15. Pero, por si acaso hai que tentar quedar o máis arriba posible. Sextos por abaixo. O vindeiro fin de semana reciben ó Cedeira que se está xogando o liderato e rematan visitando ó San Sadurniño.
EQUIPO FEMININO
O conxunto feminino perdeu 4-0 na fase final da Copa Galega ante o Portosín, oitavo clasificado da Preferente Autonómica, e que ten catro xogadoras na selección galega, e unha internacional, con dous goles nos últimos minutos que poden resultar definitivos . A volta, o próximo domingo no poboado. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
XUVENÍS
O xuvenil B venceu 5-1 (goles de Alberto -2- Álvaro, Capela e Galego de penalti) ó Rápido de Neda e situase décimo con 31 puntos a falta de dúas xornadas. O vindeiro fin de semana reciben ó Val que vai segundo e xa ten garantida xunto a Mugardos, terceiro, a fase de ascenso. Do xuvenil da liga galega xa se informou en crónica aparte. O cadro de Carballo deixou escapar do Poboado tres importantes puntos diante do Viveiro (0-1).
EQUIPO CADETE
O As Pontes cadete empatou 3-3 (Diego, Brais Blanco e David Rey) co Numancia de Ares, co cal asegurou a terceira praza a falta de dúas xornadas. Galicia Caranza 48, Narón BP 42 e As Pontes 34. Os azuis reciben ó Perlío que vai quinto nunha penúltima xornada onde se xoga o decisivo Caranza-Narón BP, aínda que os ferroláns que gañaron os 16 partidos chégalles con sumar un punto de aquí ó final.
EQUIPO INFANTIL
Gran vitoria do As Pontes infantil 3-1 (Iago -2- e Josiño) ante o Numancia de Ares, co que escalan ata a cuarta praza, faltando tres xornadas. Na seguinte visitan ó Miño. Portuarios 57, Racing Ferrol 54, Perlío 42, As Pontes 33.
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
ALEVÍNS, BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNS
As competicións alevín, benxamín e prebenxamín remataron esta fin de semana as súas respectivas ligas.
O alevín A perdeu 5-4 (Bruno -3- e Alejandro) diante do Perlío, pero xa tiña garantida a terceira praza. Nos primeiros postos, Eume B, 72 puntos; Perlío, 68 e As Pontes con 58 puntos. Vitoria do alevín B 4-0 (Dani -2-, Javi e Brais) ante o Cedeira B para rematar a temporada, que finalizan na décima posición con 19 puntos. Eume B, Portuarios, e EFR Ferrol son os campións de cada grupo.
alevin.jpg
Mal final tivo o Benxamín A que perdeu 0-5 ante o Portuarios B, o que o relegou á sétima praza final con 38 puntos. O benxamín B perdeu 8-0 ante o segundo clasificado Narón BP, rematando decimo segundo con 12 puntos. Campións Ánimas, Racing San Pedro B e Numancia de Ares.
benxamin.jpg
O prebenxamín A gañou 5-1 (Agustín -2-, Xoel e Hugo) ó San Sadurniño, finalizando sétimos con 44 puntos. Rematou a liga o prebenxamín B sendo derrotado en Mugardos por 9-1 (Álex Montero). Finalizan undécimos cuns meritorios 17 puntos. Galicia de Caranza B e Racing de Ferrol son os campións de cada grupo.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios