RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

CD-As-Pontes-escudo.pngO Ourense non fallou e venceu por 1-0 ó Laudio de Llodio a pesar de xogar cun xogador menos. Ascende a 2ª B o histórico equipo ourensán, e salvase así o Betanzos, e alegramonos polo equipo betanceiro e por Xoel González, que con moitos problemas institucionais e estando descendido case toda a tempada, botoulle arrestos e ó final obrou a milagre. Do resto dos equipos galegos Alondras e Cerceda superaron a Cayón e Cuarte Industrial respectivamente pero aínda terían que superar outras dúas difíciles eliminatorias para ascender. Quen xa quedou eliminado foi o Pontevedra, que tamén lle tocou un dos peores rivais sen dúbida como o Espanyol B con varios internacionais españois nas súas filas como Edgar Badía, Víctor Álvarez, Adriá Blanchart, Sergi Darder, Pau Senent, campións de Europa sub19 2011 coma Edgar ou subcampións de Europa sub17 2010 como Víctor e Darder, ademáis do dianteiro goleador Bakary. Na situación actual, o As Pontes está de primeiro na parrilla de saída por si conseguen ascender Alondras ou Cerceda, anque bota moito de menos o cadro pontés os tres puntos logrados legalmente no Campo do Morrazo. En calqueira dos casos, semella que a situación de incertidume pode durar semanas ou incluso meses polos moi comentados “descensos económicos” que poden ser varios como ó final pode que non sexa ningún, cousa que por outra parte ningún equipo merecería, como tampouco descender por erros alleos.
Gran victoria do segundo equipo pontés a domicilio contra o Estrella na rolda de oitavos de final da Copa de Afeccionados, curiosamente nos penaltis (3-4), tras rematar o encontro con empate a 1-1. Os cuartos de final serán Perlío-Meirás, Eume-Cariño, Cedeira-Mandiá, e o As Pontes contra o Rosalía o vindeiro domingo no Poboado.
O equipo xuvenil venceu 0-4 por exclusión da competición do Recesende, que xa estaba descendido como último clasificado. Os de Carballo rematan a Liga na décima posición con 47 puntos, as mesmas victorias que derrotas, 13, con 8 empates, pero cun balance goleador de 65 goles marcados por 39 recibidos. Ascenden Compostela 77, e Ordes 72. E descenden en principio San Ciprián, Calo, Xuventú Aguiño e Recesende.
O equipo cadete perdeu nas semifinais da Copa Afaco 3-2 en Narón ante O Val, equipo que xogará a final desta competición contra Eume ou Perlío.


Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios