REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 6 NOIA 1

Goleada do As Pontes para despedir o ano, rapidamente se adiantaron os locais tras un gol con suspense de Parada (3´), pois o seu tiro rexeitao o porteiro e acaba entrando na portería. Moito mellor gol foi o que meteu minutos máis tarde cando tras un forte disparo dende fóra da área o balón acaba entrando pola escadra (17´). Pero ahí chegaron os peores momentos do As Pontes, os de Noia recurtaban distancias por medio de Adao (34´) e un par de minutos despois casi empata John, foi clave o 3-1 antes do descanso pra encarrilar mellor a segunda metade, asi, Iván González a 25 metros de portería desfaise de canto rival lle sae ó cruce e define con tranquilidade cando queda so ante ó porteiro (40´). No segundo tempo, non dos habituais grandes disparos de Pablo dende fóra da área conseguise o 4-1 (61´), e dous minutos máis tarde Iván González marcaba tras rematar sensacionalmente e sen deixar caer o balón un mágnífico centro de Carba. Xa no desconto (91´) Suso Peña fixo o sexto tras unha gran galopada por banda na que acaba picando o balón ante a saída do porteiro. Un cabezazo ó longueiro de Iván (50´), Parada no 60´ e Rebolo no 74´ tamén puideron anotar, pero en definitiva moi boa imaxe a amosada polo As pontes hoxe pero pouco fructífera pois os rivais de arriba tamén gañaron e pra despedir o ano temos lider ó Dorneda con 41 puntos, 40 para o Betanzos, 37 pra os azuis e 36 para o Mesón do Bento. O positivo é que o quinto clasificado, Flavia, xa está moi lonxe con 28 puntos, e a cousa semella quedar entre catro equipos para dúas prazas. O As Pontes ten unha finalísima o vindeiro 3 de Xaneiro ante o Meson do Bento, pois no duelo entre os conxuntros máis goleadores da categoría, enfrontase a domicilio ó equipo máis en forma e que hoxe venceu 0-5 en Santiago.
futbol_001.jpg


AS PONTES 6. Marcos (Marquitos 82´), Rivas, Jorge, Chote, Brais (Rebolo 73´), Pablo (Esmorís 67´), Iván González, Carba (Suso 63´), Jorge Parada, Bossa, Álvaro (Troncho 45´).
NOIA 1. Juanchu, David, Mario, Jorge, Pablo, Amador (Gordon 76´), Adao, Beni (Josiño 71´), Benito, Yosep, Jhon (Iván 41´).
Árbitro: Andrade Seoane (A Coruña). Auxiliado por Blanco e López. Amonestou a Álvaro e a Gordon e expulsou con vermella directa a Yosep (87´).
Goles: 1-0, Parada (3´), 2-0, Parada (17´), 2-1, Adao (34´), 3-1, Iván González (40´), 4-1, Pablo (61´), 5-1, Iván González (63´), 6-1, Suso Peña (91´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, cen espectadores en tarde fría e despexada.
Nova cortesía de AF e Xose Ferreiro
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg
futbol_002.jpg

También podría gustarte
Comentarios