ROBERTO SEOANE E ESTÍBALIZ GARCÍA FANSE COA PRIMEIRA EDICIÓN DA MARCHA CICLOTURISTA DESAFÍO FRAGAS DO EUME

A forte aposta realizada este ano polo Clube Ciclista Vilalba – As Pontes coa conversión da súa Marcha Cicloturística Vila das Pontes no Desafío Fragas do Eume, resultou todo un éxito.
170 corredores desputaron unha proba moi esixente na que as altas temperaturas, no tramo final, supuxeron maior dureza. Contra das 09.00 horas saía o pelotón da Avenida da Coruña, logo de que a concelleira e deputada provincial, Montserrat García, e o presidente da Comisión Estatal de Cicloturismo, Antonio González, cortasen a cinta de inauguración da competición.
fragas_do_eume_001.jpg


Logo de tres horas e 36 minutos chegaba o primeiro corredor en cubrir os 110 quilómetros dunha proba que sorprendeu a non poucos pola súa dureza. E é que, malia non contar con portos de grande esixencia, si decorreu por un terreo con moitas ascensións alternadas, o que puxo a proba a forma física dos ciclistas.
Roberto Seoane Pintor, do Clube Ciclista Cambre foi o gañador, con segundos de avataxe sobre os tres perseguidores que foron entrando escalonadamente.
A gañadora na categoría feminina foi Estíbaliz García aínda que tamén houbo premios para o máis novo dos que finalizaron, o padronés Francisco Castro de 18 anos, e o competidor de maior idade, trofeo que recaeu no vasco de Getxo, Gabriel Baños, de 65 anos.
O premio ó clube máis numeroso foi para o Clube Ciclista Santa Marta, que presentou 12 corredores, e o máis lonxano para o Clube Trevinca de Ourense.
O éxito desta cita que viña relevar á Marcha Cicloturista Vila das Pontes apunta a continuar nesta liña ata consolidar a proba como unha das de referencia no calendario cicloturista de todo o estado, e é que este primeiro Desafío Fragas do Eume resultou puntuable para a Copa Galicia de Cicloturismo e para a Copa de España de Medio Fondo.
fragas_do_eume_001.jpg
fragas_do_eume_001.jpg
fragas_do_eume_001.jpg
fragas_do_eume_001.jpg
fragas_do_eume_001.jpg
fragas_do_eume_001.jpg
Nova cortesía de Erika Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios