Sae o número 23 da edición impresa de CódigoCero
Lendo codigocero.com:
“Chega como cada mes un novo número de Código Cero, que se pode mercar en quioscos de toda Galicia ou descargar de balde dende a nosa web en formato PDF.
O número actual céntrase no software libre, aínda que toca outros temas de interese como a compra de paquetes vacacionais pola Internet, a tecnoloxía de voz sobre IP, a relación do terrorismo coa Rede e outros máis”…
…”entre os que destacamos:
* Firma invitada: Rosa García, conselleira delegada de Microsoft
* A industria do porno, negocio seguro a proba de burbullas tecnolóxicas
* Mocidade e tecnoloxía: cómo afecta a TV e Internet no crecemento dos rapaces
* Foro Ineo, caracterización do sector produtivo das TIC en Galicia
* GaliciaTic 2004, avance a cargo de Manuel Balseiro, director xeral de FEUGA
* A intimidade informática dende o punto de vista penal
* O Cesga informa: Perú empregará tecnoloxía galega para o sector lácteo
* Deseño web: As pezas do crebacabezas
* PC Práctico: Xestor de descargas e FTP LeechGet 2004
* Xogos: Sacred, a lenda da Arma Sagrada”
Podedes baixala en formato pdf dende aquí
Fonte: codigocero.com