SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 12 – CRAT A CORUÑA B 14

O equipo pontés finaliza a liga perdendo no último segundo, e agora agarda ó play off de ascenso.

O equipo pontés finaliza a liga perdendo no último segundo, e agora agarda ó play off de ascenso.

O Fendetestas pontés de rugbi perdeu este sábado no derradeiro encontro de Liga ante o campión Crat B 12-14.

A pesar de ir gañando os ponteses no descanso 12-7, con ensaios de Toño e Iván, e un acerto no lanzamento a paus de Kiko, os coruñeses acabaron remontando e gañando na última xogada do encontro.

O equipo herculino acaba líder con 54 puntos, pleno de vitorias e apenas un empate co Santiago, mentres os ponteses finalizan con 44 puntos, con 9 vitorias e 3 derrotas, dúas ante os campións e unha ante os ourensáns.

Zalaeta, cun encontro menos, e Santiago, teñen 32, por 29 de Vigo B, 12 de Ourense B, con partido pendente cos de Arteixo, e 6 de Barbanza.

Agora agarda o play off de ascenso, Crat B contra Santiago e Fendetestas contra Zalaeta, a partido único, e os gañadores de ambas eliminatorias cruzaránse na final. O gañador ascenderá e ocupará a praza do descendido Muralla de Lugo.

O perdedor da final xogará a promoción contra o penúltimo da categoría superior, en teoría o Mareantes de Pontevedra, que a pesar de empatar a puntos co Coretti Lalín, este gáñalle no goal average particular.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios