SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 1 ATLÉTICO MELIDE 2

Derrota triste e dolorosa a sofrida polo equipo feminino pontés no encontro disputado hoxe á mañá no Campo Anexo do Poboado. Moi mala sorte tiveron as cativas de Salido que cando menos mereceron o empate, pero as xogadoras de Melide foron máis “pillas” e como aconteceu na Liga 2008-2009 levaronse o triunfo no último minuto.
Chegaban as de Melide, que o ano pasado militaron na Primeira Autonómica, todo hai que dicilo, con so once xogadoras, pero de raza e carácter, sobre todo a número 5 Silvia que aguantou renqueante toda a segunda metade. O As Pontes viña de brillante líder momentáneo tras vencer os seus dous primeiros compromisos.
E mereceron moito máis as de Salido nunha primeira metade na que tiveron tres claras ocasións, Carla soa no 15´, un xogadón con centro de Chipy que remata Carla de cabeza pero para a porteira in extremis no 40´, e a máis clara, un tiro ó longueiro da capitana Jani no 39´.
A segunda parte comezaba con dúas aproximacións vistantes, e no 55´, dun erro por non despexar o balón aproveitase ávida e insistente Dulce pra regatear a Leti e facer o 0-1.
Reaccionou o As Pontes por medio dun tirazo de Chipy, que petou no poste e o seu posterior rexeite recolleo Laura pra marcar o empate (62´) conseguindo o seu 20º tanto en competición oficial, igualando a Paty Blanco.
A pesar de non ter cambios as visitantes acabaron impoñendo a súa maior veteranía e físico, e os últimos minutos foron complicados pra as locais que ademáis contaron coa súa habitual dose de mala sorte coa retirada por molestias da gran central de San Sadurniño Noelia no 77´.
Non obstante a talentosa Carlota dentro da área tras un córner estivo a piques de marcar o tanto da vitoria (89´), pero o seu remate en boca de gol foise alto por pouco.
No 90´ chegou o segundo xarro de auga fría, María Seoane lanzou con picardía un forte e súbito disparo desde pouco máis adiante do medio do campo, o balón bota diante da porteira e pasalle por riba, estas cousas si se intentan as veces acaban en gol, e a pillería da número 10 visitante tivo un premio de tres puntos.
Asi acabou o partido, dous pequenos detalles ensombreceron 90 minutos bastante bos das locais, e a pesar de que en días como os de hoxe tanto a xogadoras como a afeccionados danlle gañas de deixar o mundo do fútbol, nunha liga con grandes equipazos na que non hai “peritas en dulce”, seis puntos en tres xornadas son moi benvidos e as de Salido, que aprederán positivamente desta derrota, terán unha moi complicada visita á casa do outro recén descendido, o Dubra.
feminino_001.jpg


1 CD AS PONTES. Leti, Alba, Silvia, Noelia (Laura Permuy 79´), Andrea Pita, Lara, Jani, Carlota, Lía (Clara 53´), Carla (Lau 49´) e Chipy.
2 ATLÉTICO MELIDE. Tamara, Natalia, Patricia, Belén, Silvia, Lucía, Patri, María, Dulce, María Seoane, Andrea.
Goles: 0-1, Dulce (55´), 1-1, Lau (62´), 1-2, María Seoane (90´).
Árbitro: Rodrigo Serrano Naveiras (Ferrol)
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado, uns 100 espectadores en mañá soleada. Partido correspondente á terceira xornada.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios