Amigus
As Pontes

SETE CONCELLOS DO EUME SELECCIONAN A CIDADANÍA PARA LEVAR A CABO A IMPLANTACIÓN DA AXENDA 21 LOCAL

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os concellos de A Capela, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior deron un paso mais para implantar a Axenda 21 Local no seu territorio. O proceso de concurso público licitado por Euroeume rematou coa selección da Sociedade Cooperativa Galega “Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais” e outras tres entidades colaboradoras (DS Consultores, Fieito Sooc. Coop. e Briante) na reunión da Comisión Permanente de EuroEume na que ademais participaron os Concellos implicados.


Onte formalizouse o acordo a través da sinatura do correspondente contrato entre EuroEume e Cidadania, por valor de 63.000 €, que serán financiados con cargo á Iniciativa Leader +.
Pero ¿Que é a Axenda 21? A Axenda 21 naceu a partir da Cumbre de Río de 1992, e da posterior Carta de Aalborg, cun obxectivo fundamental: a procura de medidas encamiñadas a acadar un desenvolvemento sostible, tanto a nivel medioambiental como socio-económico. A implantación da Axenda 21 Local inclúe unha serie de fases que van desde a adhesión de cada municipio a Carta de Aalborg, até a implantación e seguimento, pasando pola elaboración do diagnóstico de sustentabilidade e o Plan de Actuación, sendo a participación de tódolos axentes sociais, económicos e institucionais o elemento vertebrador de todo o proceso.
Para acadalos obxectivos é fundamental a implicación de tódolos axentes do territorio; administracións locais e autonómicas, empresas e traballadores, na procura dun modelo de desenvolvemento social e económico que non poña en perigo a calidade de vida das futuras xeracións.
Con este fin, Euroeume, en reunión da Comisión Permanente cos alcaldes implicados, adxudicaron a Cidadanía a redacción da Axenda local, que incluirá unha análise da situación actual, o establecemento de plans de actuación municipal participativos (Plans Estratéxicos Municipais), Plans de Seguimento dos resultados, para cadaún dos Concellos e para o territorio que abrangue Euroeume a nivel global. O proxecto desenvolverase ata Outubro do ano 2006.
Curso de Auditoría Ambiental
Por outra banda Euroeume organiza, en colaboración coa Rede Española de Desenvolvemento rural, un curso de 6 horas sobre “Auditoría Ambiental”, que se celebrará o mércores día 26 de outubro, en xornada de 8 a 14 horas, nas oficinas que esta Asociación ten en As Pontes. O plazo de inscripción estará aberto ata o día 25 de Outubro, e todas aquelas empresas e persoas ocupadas interesadas podense apuntar nas oficinas da Asociación, ou chamando por teléfono ao 981 44 06 68. As plazas son limitadas e a selección dos participantes realizarase por orde de inscripción.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios