Sta. Icía 2007: homenaxeando a Antolín

Onte as agrupacións e asociacións que organizan Sta. Icía 2007, homenaxearon a Antonio Ferreiro Cabaros ‘Antolín’ pola súa longa e importante traxectoria no mundo da música. A homenaxe foi precedida por un festival no que participaron a Rondalla Vila das Pontes, a Agrupación Coral ENDESA e a Banda de Música. Seguidamente participaron na homenaxe o Sr. Alcalde-Presidente do Concello das Pontes, D. Valentín González Formoso, o Presidente da Comisión Organizadora, D. José Castro e finalmente o homenaxeado, D. Antonio Ferreiro.
staicia2007.24.jpg
Hoxe poderemos disfrutar da actuación das cantareiras da Agrupación Cultural Alende, dos alumnos da Escola Municipal de Música Tradicional e de Los Truenos con música dos anos 60 e 70, que re-debutarán despois de moitos anos de “descanso”.

También podría gustarte
Comentarios