SUMA E SEGUE PADEL EUME

O equipo pontes segue con moi bon pe a sua andadura a terceira categoría galega compartindo liderado, desta volta derrotaba na casa o clube de campo C ferrolan por 4/1.
Como primeira parella pontesa entraban dous clásicos Marquiños fdez e David Lake (leyenda) curtidos en mil batallas non daban opción os rivais nin case a asentarse na pista pasabanlles por riva por un contundente 6/0-6/0.
Angelito Cañizares e Jordi Rivas formaban a segunda parella pontesa , nun partido dominado de cabo a rabo polos nosos, non deixaron lugar a ningunha dubida serios e concentrados firmes nas suas accións facian o segundo punto para os Eumeses. 6/2-6/3.
padel_001.jpg
Xalo Maira e Pedro Lopez xogaban na terceira rolda o partido mais disputado da mañan do sábado, un primeiro set disputadísimo caia a prol dos ferrolans , os nosos lonxe de perder a concentración endosabanlles un contundente set en branco no segundo parcial, pero o terceiro e derradeiro set levaría unha igualdade ata o ultimo intre pero desta volta os nosos levavan o gato a auga . 5/7-6/0-7/5 e tres a cero no computo xeral .
padel_002.jpg
Poty leal e Santi barro na cuarta posición non tiveron compaxion dos rivais e nun abrir e cerrar de ollos daban o cuarto punto os ponteses marcador contundente e partido placido . 6/0-6/1
A única derrota pontesa seria no quinto enfrontamento protagonizado por Santi franco e Domingo Rojas , despois de levar o primeiro set de forma moi xinxela 6/2 , no segundo chegaron as confianzas os ponteses que nun final apretado cedían o mesmo por 6/4, as cousas deron a volta radicalmente de como escomezaron , chegaron as presas e os erros non forzados , os ferrolans confiados e medrados souperon levar o terceiro e definitivo parcial por un claro 6/2.
padel_003.jpg
A vindeira xornada Padel Eume enfrontase o pechacancelas do grupo e esperamos que non se deteña a racha.


Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios