Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN 2013/14 (2ª Xornada): C.D. AS PONTES – C.C.D. CERCEDA (1-1)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Na tarde de hoxe o vento foi o protagonista no primeiro partido da temporada disputado no campo do Poboado entre o As Pontes e o Cerceda. Pese a elo, os ponteses non tiveron un día moi acertado ante un Cerceda que logrou un merecido punto. A primeira metade o As Pontes co vento a favor, dominou máis e achegábase á portería visitante, pero sen crear moitas ocasións de gol. A primeira e máis clara estivo no minuto seis nas botas de Dani nunha falta que sacou Bossa dende a banda dereita, pero Dani só ante Diego mandou o balón alto. Logo sería Sergio Arias quen non chega a un centro dende dereita. Posteriormente David Amado e o visitante Jacobo Eibe enviaron tamén o esférico por riba da portería contraria. O tanto local chegou no minuto 38 nun centro de Bossa que David Amado mandou ó fondo da rede visitante. Pero pouco durou a alegría no As Pontes, xa que catro minutos despois nunha perda de balón no centro do campo seguido dun erro defensivo local, Peloto plantouse só ante Kiko ó que bateu por baixo establecendo o empate a un tanto, resultado co que se chegou ó descanso.
Na segunda parte as tornas cambiaron e o que dominou máis foi o Cerceda favorecido polo forte vento, tendo a primeira ocasión no minuto once nun disparo de Peloto que parou Kiko. Logo tería o As Pontes dúas ocasións para incrementar a vantaxe no marcador, pero tanto Chicho como Sergio Arias non estiveron atinados. Xa nos minutos finais foi cando chegaron as mellores oportunidades para os dous equipos. Na primeira, Kiko para in extremis un disparo de Herbert. De seguido marcaría David Amado, pero o colexiado sinalou, a instancias do asistente, un dubidoso fóra de xogo. Xa no tempo de prolongación e no derradeiro suspiro Bossa, nos xeniais lanzamentos a balón parado, executou unha maxistral falta á que respondeu cun soberbio paradón o meta Diego enviando o balón a córner cando se colaba polo escuadro dereito da portería visitante e todo o mundo xa cantaba o gol da vitoria local, aínda que, polos méritos duns e outros, o reparto de puntos é xusto.
cerceda


FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López, Aitor, Dani, Iván (Chicho, 60), Bossa, Sergio Arias, David Amado e Pablo Domínguez.
CCD CERCEDA: Diego, Noé, Juan, Angeriz, Marcos, César, Canu, Jacobo Eibe (Jacobo 74), Dani, Herbert e Peloto (Javi Ramos, 81).
ÁRBITRO: Dirixiu o partido colexiado santiagués Óscar Martinez Santos, asistido de Rey Molano e Sampedro Valiño. Expulsou no minuto 90, por dobre amarela, ó visitante Angeriz. Tamén foron amoestados Rochela, Iván e Bossa, do As Pontes e César Otero, do Cerceda.
GOLES: Min. 38 (1-0), David Amado. Min. 42 (1-1), Peloto.
INCIDENCIAS: Partido da segunda xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado en tarde soleada pero con vento. Presenza duns 200 espectadores nas gradas.
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
cerceda
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios