TORNEO DE TENIS FESTAS DO CARME 2017

Rematou este venres co triunfo do pontés Ángel Montero

Dende o pasado domingo, e ata este venres en que se xogaron as finais, disputouse nas Pistas de Tenis da Canle IV o Torneo de Tenis das Festas do Carme.

Máis de trinta xogadores déronse cita no evento, e na categoría alevín feminina impúxose Lydia Espiñeira a Paola Leira.

Darío Vila fixo dobrete, xa que gañou tanto en alevín coma en infantil, impoñéndose a Ignacio Luaces e a Carlos Durán, respectivamente.

Na categoría senior venceu o pontés Ángel Montero, que derrotou en dous sets na final a Juan Fernández.

Ó remate do torneo entregaron os trofeos ós primeiros e segundos clasificados de cada categoría, o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e o Presidente do Club de Tenis As Pontes, Paulino Fernández.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios