Un único endocrino atende ós pacentes da área sanitaria de Ferrol

Lendo diariodeferrol.com:
“Algunhas citas concertadas anuláronse ante a falta de profesionais e aumentouse o horario de consulta do facultativo existente.
Dende fai aproximadamente duas semanas, as consultas de endocrinoloxía no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos son atendidas unicamente por un especialista. A baixa dun profesional que prestaba servicio no hospital ferrolán ocasionou que moitas das citas concertadas fosen anuladas provocando que a metade da poboación da área de Ferrol (aproximadamente 200.000 habitantes) estea desatendida.”…


…”Ante esta situación, a xerencia iniciou xestións para tratar de soluciona-lo problema canto antes e de feito xa se realizou unha oferta de emprego se ben non se sabe cándo se incorporará o novo especialista.
Actualmente, e para evitar que as listas de espera se disparen (os últimos datos feitos públicos por usuarios da área cifraban en seis meses as listas de espera en endocrinoloxía) estanse a realizar horas extras en horario de tarde, segundo sinalaron responsables da Asociación de Diabéticos Ferrolterra trala xuntanza mantida onte co xerente do Marcide, Alfonso Clemente.”…
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios