Amigus
As Pontes

Uns mil galegos conseguen a diario o DNI electrónico

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“O novo DNI electrónico esta a estenderse rapidamente en Galicia, unha das primeiras autonomías na que se introduciu. Dende comezos de outubro, xa son en torno a 35.000 os galegos os que conseguiron este documento, que permite realizar moitos trámites a través de internet.”…


…”Unha das súas principais vantaxes é que incorpora unha firma electrónica, o que facilita que os cidadáns poidan demostrar a súa identidade a través da rede. Isto posibilita que se poida acceder a numerosos trámites administrativos nos que se require a comprobación da identidade do solicitante.
Consultar en liña o saldo do novo carne por puntos ou solicitar certificados da Seguridade Social son algunha das numerosas xestións que permite facer o DNI electrónico. Un listado completo dos servizos dispoñibles pódese consultar na web do DNI electrónico.
Máis oficinas nas que conseguir o e-DNI
Segundo datos facilitados pola Xefatura Superior da Policía de Galicia, A Coruña e Vigo son as cidades galegas nas que máis DNIs se expiden, cunha media duns 200 todos os días, aínda que en certos momentos a cifra pode chegar aos 300. Santiago (no que tramitan 145 documentos de media por día), Ourense (100), Pontevedra (100), Ferrol (80) e Lugo (70) son as outras localidades nas que se están tramitando as acreditacións.
A expedición destes documentos nestas localidades comezou paulatinamente durante o mes de outubro. Está previsto que o sistema chegue a Ribeira, Monforte de Lemos, Viveiro, Vilagarcía e Marín proximamente, aínda que a data está sen determinar. A Xefatura da Policía informa que “aínda que o sistema aínda non funciona ao 100%”, xa que está en fase en implantación, todos os problemas da nova tramitación se teñen solucionado rapidamente.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios