VI SAN SILVESTRE PONTESA 2016

Toño Teijido, de Guitiriz, e a aresana Paula Mayobre foron os vencedores absolutos

Nunha tarde fría e soleada de sábado desputouse a sexta edición da San Silvestre Pontesa, proba organizada polo Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes.

A competición contaba con máis de 600 participantes, dous tercios competían na carreira e o tercio restante na andaina a pé.

A proba estivo amenizada polo speaker Xalo Maira e controlada polos ciclistas do clube pontés.

Vellos coñecidos de case tódolos anos dábanse cita na proba, o Fendetestas, os irmáns Rochela, a familia do gran Manolo Vilaboy, moitos xogadores do CD As Pontes, ou tamén este ano o recén creado equipo de fútbol gaélico Terras do Eume.

Coma ven sendo habitual comezaron competindo os máis pequenos e nos prebenxamíns houbo triunfos locais. Os vencedores foron Íker Díaz e Lara Ramil, seguidos de Mario Lozano e Lara Cebreiro, e Iago Bellas e Carla Casal, respectivamente.

Na proba benxamín venceu a ferrolá Alba Espina, seguida de Noa Souto e Antía Otero. O naronés Lucas Rodríguez logrou a vitoria nos cativos, seguido de Lucas Blanco e Xandre Domínguez.

Na carreira alevín gañou a coruñesa Alba Barallobre, seguida de Carolina López e Aroa Domínguez. Nos alevíns triunfou o tamén herculino Daniel Salgueiro, seguido de Mario Pena e Destaw Pellón.

Doblete pontés na proba infantil onde venceu Celia Durán, por diante de África Morales e Doua Belhaj, mentres que na proba masculina gañou o xogador do As Pontes Hugo Blanco, seguido de Antón García e Bilal Belhaj.

Na categoría cadete venceu Clara Díaz, de Ponferrada, acompañada no podio por María Prieto e Aldara Alonso. O ferrolán Marcos Gómez venceu en masculino, secundado por Xoel Trastoy e Víctor Abebe.

Xa na carreira absoluta a vencedora foi a gran atleta de Ares Paula Mayobre, que revalidou o título conquistado en 2014. Acompañouna no podio a deportista do Triatlón Ferrol Sara Guerrero e a pontesa Laura Cabarcos.

A competición absoluta masculina foi gañada por Toño Teijido, de Guitiriz, seguido moi preto do ferrolán Iván Puentes, quedando terceiro o ironman pontés Aitor Franco. Un dos primeiros en entrar na meta tamén foi o inesgotable Minecho, polo que non pasan os anos.

Por último, entregáronse premios ós diversos disfraces. Na categoría infantil venceu Anira Montenegro coa “bolsa de uvas da sorte”. Nos adultos, en individual gañou Cristina Cebreiro con “un brindis”, e na categoría de grupos o mellor disfrace foi o da dupla Merce Fernández e Goretti Ramos co “monstruo das galletas”.

A cerimonia de entrega de trofeos foi algo confusa, e dado que a federación galega non fixo públicos os resultados, creemos que tódolos premiados foron os mencionados e por ese orden.

Entregaron os diversos premios os concelleiros Toñito Castro, Chicho Tembrás, Ana Pena e Isa Fornos.

Coma ven sendo habitual nas últimas edicións houbo chocolatada quente para os participantes, cousa que se agradecía polo frío que facía.

Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios