WebAnywhere: un lector de páxinas web para xente con discapacidades visuais

Lendo mancomun.org:
WebAnywhere é un servizo web que fai de lector de páxinas web para todas aquelas persoas con discapacidades visuais. Non require a instalación de ningún tipo de software no computador, e con el, calquera persoa con problemas visuais pode acceder a Internet desde calquera computador con tarxeta de son.”…
webinsight.png


…”WebAnywhere funciona en calquera computador, independentemente do sistema operativo e navegador.
O proxecto está liberado na seguinte páxina de Google Code:
http://webanywhere.googlecode.com/
e grazas a isto calquera pode descargalo e dispoñer un servizo para persoas con discapacidade visual…
O proxecto está desenvolvido polo grupo WebInSight da Universidade de Washington que ten coma obxectivos principais aprender que impide o acceso a Internet ás persoas con discapacidades e desenvolver a tecnoloxía para mellorar isto.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios