Xeración de DVD en GNU/Linux

Lendo mancomun.org:
“A continuación móstranse unha serie de programas que nos permitirán crear, editar e grabar os nosos propios DVD, con menús personalizados, animacións e música, usando unha ou varias aplicacións baseadas en Software Libre.”…


…”
* DeVeDe, un programa para a creación de vídeo CD e DVD con calquera número de ficheiros de vídeo e en calquera formato que esté soportado por Mplayer. Destacar que esta ferramenta foi creada en Galicia, máis concretamente en Vigo por Sergio Costas e está totalmente traducida ao galego.
* dvdauthor: é un conxunto de ferramentas que nos permitirán crear o noso propio DVD cos seus menús, botóns e capítulos personalizados.
* ManDVD: Unha potente ferramenta gráfica para a creación e grabacións dos teus propios DVD de vídeos que tamén fai uso do dvdauthor para a creación dos DVD; pero que tamén nos permitirá converter os nosos vídeos en case calquera formato para poder velos no DVD.
* ‘Q’ DVD-Author: é un frontal gráfico para usar con dvdauthor e outras ferramentas relacionadas. A fin deste programa é a facilidade de manexo para poder crear menús de DVD, presentacións e vídeos e grabalos directamente baixo GNU/Linux.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios