XIV FESTA DA TROITA DE AS PONTES
O pasado domingo 9 de xuño celebrouse nunha nova edición de Festa da Troita, que un ano máis estivo organizada pola Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria de As Pontes, unha das máis antigas da comarca e da que forman parte 220 asociados, 127 de caza e 93 de pesca.
Esta festa gastronómica da vila pontesa, que vai pola décimo cuarta edición, congregou no recinto da Fraga, á beira do río Eume, a preto de trescentas persoas, que degustaron o prato principal, a troita, que ía acompañada de patacas con pelica e liscos, carne de caza e de sobremesa produtos da terra.
Logo do xantar houbo música tradicional a cargo do grupo Canavella e baile co Dúo Caribe. Tamén se fixo entrega de agasallos ós gañadores das competicións de pesca e ós colaboradores e colaboradoras na preparación do menú desta tradicional festa gastronómica pontesa.
As Pontes, 10 de xuño de 2013
Nova cortesía de A.F.