Xornada de formación organizada por Xestión Agrogandeira e Natureza, S.L., en As Pontes.
Hoxe, a granxa de Jorge Filgueiras Bellas, en Roidiz (Ribadeume) acollerá unha xornada de formación en campo co título “Día da Herba”.
Consistirá nunha parte teórica e outra práctica, dentro da temática:
– Iniciación ás técnicas de pastoreo máis productivas
– Os erros do pastoreo maís frecuentes a evitar
– Rexeneración de pradeiras sen labrar.
A inscrición ten un custe de 40 euros e é preciso anotarse no número 620.806.414
Nova cortesía de Xuntos por As Pontes