Xornadas Galego-Lusófonas de Sw Libre do Porriño

Lendo agnix.org:
“Do 19 ao 22 de outubro de 2006 celebraranse no Concello do Porriño as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres promovidas e organizadas por AGNIX, co total apoio e implicación do actual goberno do concello, especialmente do seu alcalde, Raúl Francés.”…


…”O evento xirará ao redor de seis mesas temáticas e obradoiros técnicos, para os que contará cunha moi ampla participación de personaxes relevantes. Nesta ocasión haberá xentes do Brasil, Portugal e Galicia xa que a lingua é un dos motores das xornadas. Pénsase ter representantes da diáspora galega, principlamente de Hispanoamérica, en vindeiras ocasións.
Fica atento a estas páxinas polas sucesivas informacións que iremos dando, apertura do prazo de inscrición, etc. “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios