XXXV TROFEO CIDADE DE VIVEIRO 2012: VIVEIRO 3 (1) CD AS PONTES 3 (4)

Por terceira vez no que vai de pretemporada impúxose o As Pontes nos penaltis, quen o ía dicir co viacrucis que sufriu o ano pasado dende os 11 metros o equipo azul, tendo os ponteses ó porteiro xuvenil Cristian Arnoso “Krikry” como heroe, pois detivo dúas penas máximas.
Ata por tres ocasións empatou o As Pontes o encontro para acabar impoñéndose nos penaltis. Vítima do seu bagaxe defensivo encaixou o As Pontes os tres goles, e así no minuto 10 tras unha man dentro da área o colexiado sinalou penalti que se encargou de transformar o ex dianteiro do As Pontes Felipe Varela. Pouco durou a ventaxa pois o dianteiro hispano-brasileiroo de 17 anos, Magi, fixo unha xogada por banda esquerda, regateou ó seu par e marcou axustando ó primeiro pau.
Volvíase achegar o Viveiro, que xogou con dous ponteses nas súas filas, David Alonso e Borja Abeás, con perigo nun cabezazo de Pablo Lago desviado in extremis polo viveirense Kiko a córner (18´), ocasión á que respostaba outro viveirense, Bossa, cun lanzamento perigoso de falta no 22´.
viveiro_01.jpg


No 33´ nun mal rexeite da defensa o balón queda morto, o que aproveita Felipe Varela para volver a situar en vantaxe ós viveirenses. Intentouno o As pontes antes do descanso e un zapatazo de Magi que bicou o escuadro (40´), e un disparo alto de Cañizares (43´) foron as mellores ocasións.
Non obstante puideron ampliar a vantaxe os locais no desconto tras unha cesión para atrás no que o balón queda morto pero afortunadamente Kiko anticipouse.
Ó pouco de comezar o segundo tempo, volvía a igualar o As Pontes, tras unha xogada entre Domínguez e Chote tras un córner que acaba metendo dentro o central.
Pero pouco volveu a durar a ledicia pois no 61´, Iago queda so e acaba marcando por baixo (61´). Incluso un minuto máis tarde nunha indecisión entre o gardameta e a defensa o balón cae nos pes de Aurelio, pero este non consegue facer o 4-2.
O As Pontes foi a polo empate baixo o mando de Cañizares, e no 78´ Sergio Arias fixo un golazo dende banda dereita case sen ángulo, picou o balón o xusto ante a saída de Pita e o balón acabou entrando nun tanto digno de Primeira División.
Antes do remate do encontro ocasións por ambos bandos, un balón que se pasea pola área tras un centro viveirense (87´), e un remate por alto de Eloy (88´).
Así chegouse ós lanzamentos de penalti onde Krikry foi o heroe tras parar dous dos tres lanzamentos que lle fixeron, e o As pontes marcar os catro, o de Eloy ó estilo de Panenka, o que lles valeu para que Dani recollese ó trofeo de vencedores da trixésimo quinta edición do Trofeo Cidade de Viveiro.
Viveiro CF: Pita, Pablo Coello (Abeás 62´), Álvaro, Suso, Rego (Carlos 73´), Alonso, Pablo Lago (Ángel 75´), Bruno (Alberto 79´), Felipe (Juanjo 62´), Aurelio (Diego 82´), Iago (Abraham 67´).
CD As Pontes: Kiko (Cristian 60´), Nano (Esmorís 45´), Dani, Chote, Rochela, Piña, Dieguito (Eloy 65´), Bossa (Guille 65´), Magi (Arias 45´), Cañizares, Pablo Domínguez.
Goles: 1-0, Felipe Varela, de penalti (10´), 1-1, Magi (12´), 2-1, Felipe Varela (33´). 2-2, Chote (50´), 3-2, Iago (61´), 3-3, Sergio Arias (78´).
Penaltis: Cañizares, gol; David Alonso, gol; Eloy, gol; Álvaro, para Krikry; Piña, gol; Diego, para Krikry, e Sergio Arias, gol.
Árbitro: Óscar Montesinos, da delegación de Lugo.
Campo e incidencias: Campo de Cantarrana. Uns 250 espectadores en tarde soleada.
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
viveiro_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios