XXXVI Feira do Grelo

A XXXVI Feira do Grelo xa ten cartel promocional, feito por Silvia Vivero López.

A XXXVI Feira do Grelo xa ten cartel promocional, feito por Silvia Vivero López.

Como se ven facendo os últimos anos o domingo de entroido (día da Feira do Grelo), celébrase ás 19h no Alovi o FESTIVAL DE COMPARSAS, ao que queremos animaros a participar. O prazo para inscribir as comparsas é dende o luns 25 de xaneiro ata o xoves 4 de febreiro. As comparsas inscritas terán que presentar como mínimo tres cancións en galego , inéditas e orixinais; ademais de participar no Festival de comparsas, formarán parte da Cabalgata de Entroido; destínanse 3500 euros para as comparsas que participen no festival, entre as das Pontes se repartirán 2800 euros (ata un máximo de 800 € c/u) e as de fóra das Pontes recibirán 350 € por comparsa participante. Ademais haberá premios para a mellor letra, mellor interpretación e mellor vestuario.

No arquivo axunto anexamos unha copia das bases (pendentes de publicar no BOP)

e o martes de Entroido ás 17h sairá a CABALGATA. O prazo para anotarse á cabalgata é dende o luns 1 de febreiro ata o martes de entroido ás 13h. Este ano e co fin de fomentar a participación se incrementaron os premios da categoría de ADULTOS, quedando deste xeito:

GRUPOS: 1ºP 750 € 2ºP 500€ 3ºP 350€ Accésit: 100 € *(os grupos de adultos deberán ter mínimo 5 participantes)
PARELLAS: 1ºP 250 € 2ºP 125€ 3ºP 75€
INDIVIDUAL: 1ºP 125€ 2ºP 60€ 3º 40€

Os premios infantís, serán 5 todos do mesmo valor (en vales): grupos 150€ (mínimo 4 participantes) Parellas 75€ e individual 50 e; ademais haberá a categoría de MENIÑOS, que recibirán todos os un conto.

Descarga as Bases Festival de COMPARSAS 2016
Descarga as Bases Cabalgata 2016

Nova cortesía do departamento de Cultura do Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios