XXXVIII FEIRA DO GRELO AS PONTES

O día non convidaba a ningunha festa, pero a dedicada ao grelo nas Pontes triunfou. «Tivemos visitantes ata de Ourense -contaba Sonia Sueiro, concelleira de Cultura-. E as entradas para o concerto de Treixadura, que estivo moi ben, esgotáronse rapidísimo».

Tamén as racións nas que se daba a degustar un grelo que este ano tiña unha calidade superior, segundo explicaron os entendidos.

Á oferta de artesanía, mostra sobre razas autóctonas e actuacións sumáronse as 21 cestas que ofrecían o produto estrela do día e dos Entroidos, cuxo rastro se deixou ver pola fiesta.

Na Feira do Grelo das Pontes premiouse a calidade dos grelos de Josefa Baseo Barro, de Espiñaredo. Mentres que o galardón á cesta mellor presentada foi para unha produtora de Monfero, da parroquia que dá nome a esta verdura ( Xestoso), e que se chama María Belén Ansede Freire. Ademais, o premio Alexandre Pérez Sindín, que reporta a peza elaborada polos Amigos da Madeira, foi para Mariluz Vázquez Souto, de Piñeiro en XermadeFreixós recentemente feitos, produtos ecolóxicos, queixos e, como non, “ madas” de grelos das mellores calidades axudaron a paliar onte nas Pontes a chuviosa mañá nunha nova edición da tradicional Feira do grelo, que este ano chegou ao seu trixésimo oitava edición.

A ampliación a dous días dos eventos ao redor da feira –o sábado xa houbo actuacións musicais, mostra da camelia e unha feira de produtos autóctonos– non restou afluencia á xornada de onte, que, ante as previsións climatolóxicas dos últimos días, estivo ben preparada ao celebrarse a cuberto nunha carpa climatizada.

Moitos foron os ponteses e tamén os foráneos que celebraron a tradicional comida de cocido de entroido no recinto feiral, coas racións que, a un prezo de dez euros, contaban con sopa, pataca, lacón, costela, chourizo, garavanzos e grelos. O requeixo da Feira do mel de Goente foi a sobremesa perfecta para a celebración culinaria. Ademais, nesta ocasión, podíase facer uso do menú para levar, polo que foron moitos quen decidiu visitar a feira e volver a casa para comer o cocido na súa propia mesa.

Desde primeiras horas da mañá procedeuse no mercado municipal á numeración das cestas que concursaban no certame e despois foron expostas ao publico antes da valoración do xurado e, como non a posta á venda da mercadoría exposta.

A media mañá entregáronse os premios que valoraron a calidade do produto –tres premios de 300, 250 e 200 euros, máis os accésits dotados con 60 euros cada un–, e as mellores cestas adornadas, con premios de 300, 200 e 100 euros. O alcalde, Valentín González Formoso e outros membros da corporación e organización foron os encargados de entregar os premios aos cultivadores do produto estrela da festa.

Pero a feira non só serviu para a exaltación do grelo, durante toda a xornada os visitantes puideron gozar dunha exposición de artesáns da madeira torneada, de flores –II Mostra dá camelia– e de razas autóctona de cans –can de palleiro–, ovellas – ovella galega–, porcos – porco celta– ou galiñas –de Mos–.

A música serviu de complemento especial tanto o pasado sábado como o domingo non podendo faltar en toda festa popular que se prece.

Así, tras a actuación na carpa do grupo de cantareiras “Tanxugueiras” deixouse paso á actuación, no cinema Alovi, pola tarde, de “Treixadura”.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios