21.-REFEITAS-ACEITES É BALSAMOS:

Primeira entrega dunha restra de refeitas:
MOITO COIDADO: Nestes últimos anos o uso dos antibióticos sintéticos aumentou un 30%, isto debese a automedicación e a crenza de que moitas veces os antibióticos son medicamentos que serven para todo. Os antibióticos sintéticos deben ser utilizados nos casos que sexan realmente precisos. Aquí falarase dos beneficios que nos dan as plantas medicinais.
ATENCIÓN: Herbas que poden complica-las cirurxías: Algunhas plantas ou herbas medicinais poden ser nocivas para o organismo de persoas que teñen que someterse a cirurxías, de acordo cun estudio feito na Universidade de Chicago. O director do estudio, Michael Ang Lee, explica que aínda que non se pon en dubida a capacidade curativa de moitas plantas hai algunhas que deben evitarse antes e despois dunha cirurxía, tal como é o caso da equinacea, que produce un efecto estimulante no sistema nervioso ou do efecto anticoagulante do allo que impide que as plaquetas se xunten. Foron identificadas 8 plantas que poden inferir negativamente nunha intervención cirúrxica: equinacea, allo, xinseng, kava, valeriana, herba de San Xoán, ginko e efedra.


ACEITES:
-de Ourego contra a dor de moas e antereumático: O aceite de Ourego obtense por destilación en corrente de vapor, ten sabor lixeiramente amargo e cheiro fortemente aromático. Para cura-los reumatismos abonda refregar a parte afectada varias veces no día. Unha gota de aceite na cavidade dun dente enfermo, introducida cun pouco de algodón, calma inmediatamente a dor.
-de Meimendro: ante reumático para uso externo: Engadir 100 g de follas e 100 g de alcohol a 100 g de aceite de papoulas. Deixar amolecer as follas no alcohol nun recepente ben pechado durante todo o día, engadir despois o aceite e quentar o bañomaría durante seis horas a unha temperatura de 60-70 graos remexendo de cando en vez. Despois arrefriar pasar por unha manga. Aplicar nas zonas aqueixadas.
-de Oliva contra sabañóns e hemorroides: Preparase na proporción de 20 g de flores e 40 g de aceite de oliva. Cocer moderadamente ata eliminar a parte acuosa e despois deixar mornear, espremer e deixar repousar.
-de manzanilla para febles maláricas intermitentes: Faise con 20 g de flores secas en 100 g de aceite de oliva quentándoo a bañomaria durante dúas horas e despois pasándoo por un lenzo retorcendo moi forte. Contra as dores reumáticas usase o mesmo aceite pero alcanforado.
BALSAMOS:-do samaritano: tratamento de queimaduras, pruritos e inchazóns: Emulsión de aceite de Oliva, viño e clara de ovo batida, a partes iguais. Usase tamén axeitadamente para lavar chagas e apresurar a súa cicatrización.

También podría gustarte
Comentarios