26.-REFEITAS DE COCEMENTOS (IV)

Sexta entrega.


-de Xarxa: uso esterno para medicación de chagas: Ferver en 500 g de auga, viño ou cervexa, 100 g de follas. Deixar que arrefríe e filtrar.
-e infusión de Aceda: ante febrifugo, diurético e astrinxente: Poñer 50-60 g de raíces ou follas secas nun litro de auga. Beber a taciñas durante a xornada e soamente por por unha semana.
-de Ameneiro: ante inflamatorio e tratamento da xenxivites: Ferver durante 5 minutos 15-30 g de follas de Ameneiro en 500 g de auga. Usalo para enxugues.
-de Asaro contra a disentería: Cocer nun litro de auga 0,50 g (1 g como moito) de Asaro, durante un carto de hora. Filtrar e deixar mornear. Tomar 1 ou 2 cuncas de café o día. É un remedio que debe tomarse con precaución. Suspender cando se atenúen os trastornos.
-de Avea para as inflamacións pectorais, diarrea e fluxos mucosos: Coller un quilo de Avea, lavala moitas veces con auga fresca, fervela en dous litros de auga ata que quede na metade e despois filtrar. Engadir azucre e mel e ferver outra vez durante uns minutos. Moi útil como estimulante e reconstitúente. Tomar 4 ou 5 vasiños o día durante dúas ou tres semanas.
-diurético de Avea: Coller 3 ou 4 mazos de Avea sen mallar, fervela nun litro de auga ata que quede nun tercio. Tomar 2 ou 3 taciñas ó día durante un mes.
-de Cardo santo: febrífugo e diurético: Ferver 10-15 g de cardo seco en 200 g de auga uns 20 minutos polo menos, despois filtrar. Tomar 2 vasiños o día ata que ceda o malestar.
-de Agracexo: para anxina de peito: Ferver nunha cunca de auga unha culleradiña de flores e tomar 2 ou 3 culleradiñas o día mentres dure o malestar, e despois seguir algúns días mais.
-de Lavanda calmante do sistema nervioso: Ferver nunha cunca de auga durante 10 minutos, 20 g de lavanda coa mesma cantidade de flores de manzanilla, hipérico, lúpulo e raíz de valeriana. Coar e beber morno toda a cantidade pola noite, antes de deitarse. É un remedio para tomara só cando se precise, non cotiá.
-purgante de Fitolaca: Ferver durante uns 30 minutos, nun litro de auga, 25-30 g de raíz de fitolaca. Unha ou dúas cuncas de café o día en días alternos durante tres ou catro tomas.
-antehemorroides: Ferver durante 10 minutos en 500 g de auga: 10 g de follas de Gordolobo, 2 g de raíces e follas frescas de fresa e 1 g de follas de malva. Filtrar e deixar arrefriar. Tomar 2 cuncas o día ata que o trastorno desapareza ou se atenúe.
-de Granado para cólicos e diarrea: Ferver durante 20 minutos 10 g de raíz e 10 g de carapela de granado con 5 g de bicarbonato en 150 g de auga. Filtrar e engadir 20 g de xarope de cidra. Tomar unha cullerada cada 2 ou 3 horas ata que paren os trastornos.
-de Correola para diarrea e inflamacións intestinais: Ferver durante media hora 30-60 g de follas de correola nun litro de auga. Filtrar cun lenzo e deixase repousar. Tomar toda a cantidade a vasiños durante todo o día ata curar.
-para cólicos renais: Ferver durante cinco minutos, nun litro de auga, 50 g de flores de manzanilla. Deixar arrefriar e filtrar. Tomar dúas ou tres cuncas o día ata a curación.
-para catarros, diarrea e debilidade: Ferver en 500 g de auga 30 g de raíces esmiuzadas durante vinte minutos. Arrefriar e filtrar. Tomar 2 ou 3 vasiños o día lonxe das comidas, durante dúas semanas sen parar, se é preciso volver a tomar despois dun descanso.
-de Bistorta: cura a diarrea, a disentería e a hemorraxia das mucosas: Ferver nun litro de auga 50 g de raíces. Coar e azucrar. Tomar 1 ou 2 taciñas o día durante 20 días a un mes. Se é preciso, parar unha semana para volvelo a tomar.
-de Olmo contra do eccema: Poñer a ferver 65 g de carapela de Olmo nun litro de auga ata que se quede na metade. Azucrar e tomar de 2 a 4 taciñas o día.
-contra do alcoholismo: Ferver durante 3 minutos 10 g de pementón e 10 g de ruibarbo, nun litro de auga. Deixar repousar unhas 10 horas e filtrar. Doses: dous vasiños ó día 3 ou 4 meses seguidos.
-para tratamento da nefrites: Ferver durante 5 minutos de 15 a 20 g de Parietaria nun litro de auga. Tomar 2 ou 3 taciñas o día ata curar.
-para ronqueiras, farinxites, diarreas e fluxos do sangue: Ferver 60 g de follas secas de Pé de león nun litro de auga ata que quede nunha tercia. Engadir de seguido e en quente 25 ou 30 g de mel. Mesturar ben e deixar arrefriar. Tomar 2 ou 3 vasiños o día ata que desaparezan as molestias.
-contra das disfuncións intestinais: Ferver 50 g de follas frescas de Pirola nun litro de auga durante 20 minutos. Tomas 2 cuncas o día ata curar.

También podría gustarte
Comentarios