32.-REFEITAS DE INFUSIÓNS (IV)

Cuarta entrega.


-de Fumaria depurativa do sangue, obstruccións intestinais e arterioscleroses: Poñer en infusión 100 g de fumaria en 200 g de auga. Deixar repousar e engadir mel a azucre. Tomar 2 ou 3 vasiños o día durante 7 ou 8 días, descansar e volver a tomalo se fose preciso.
-pectoral de Gordolobo: Poñer en infusión durante 20 minutos, 10-30 g de flores nun litro de auga. Pasar por un lenzo e tomar 2 ou 3 taciñas o día ata que desapareza o catarro.
-de Herba gatea: para insomnio, brecas do estómago, dificultade respiratoria e hidropisía: Deixar en infusión por media hora 15 ou 20 g de follas frescas nun litro de auga. Repousar e filtrar. Tomar varias culleradas o día afastadas das comidas, 2 ou 3 semanas. Se é preciso volver a tomar despois duns días de parada.
-tónica de Lúpulo: Deixar en infusión unha hora 15 g de inflorescencias nun litro de auga moi quente. Filtrar e tomar dous vasiños o día.
-de Manzanilla: Lembrar que o mellor xeito de preparar a infusión de manzanilla para que sexa moi eficaz é: unha cullerada sopeira de flores secas nunha cunca de auga moi quente que de deixará amolecer polo menos unha hora. Bebese despois a cuncas afastada das comidas principais.
-dixestiva e calmante do sistema nervioso: Deixar amolecer unhas dez horas de 5 a 15 g de follas de Cidronela nun litro de auga. Filtrar e tomar unha taciña despois das comidas.
-de Menta: tónico e dixestivo para tódolos usos: Deixar en infusión 3 g de follas secas e un belisco de follas frescas en 100 g de auga moi quente e durante 10 minutos. Coar e tomar unha cunca antes (abre a fame e calma ardores do estómago e palpitación cardíaca) ou despois (facilita a dixestión, elimina os gases o insomnio e o nerviosismo) das comidas.
-de Milfollas, astrinxente no caso de hemorraxias internas e de hemorroides: Déixanse en infusión durante doce horas 50 g de follas e flores secas en 500 g de auga. Filtrar e deixar arrefriar. Tomalo todo a taciñas no día. Soamente uns días.
-diurética de Parietaria: Poñer en infusión durante unhas horas 20 g de follas nun litro de auga. Filtrar e tomar 2 ou 3 taciñas o día ata que normalicen as funcións.

También podría gustarte
Comentarios