36.-REFEITAS DE TISANAS.


-emoente de Malva: Poñer nunha cunca de auga fervendo 4 ou 5 g de zume de Malva, mesturado con zume de limón, unha clara de ovo batida a punto de neve e azucre suficiente. Bebese moi quente. 2 ou 3 cuncas de te ó día. Sen limitación: debe continuarse ata que desaparezan os síntomas.
-dixestiva de Axedrea: Nunha cunca de auga fervendo vertese unha culleradiña de follas de Axedrea secas e moídas. Debe filtrarse despois de repousar. Beber despois das comidas.
-de Papoula para bronquites e catarros: Mesturar pétalos de Papoula con flores de Malva, Pe de gato e Tusílago. Poñer unha presa da mestura a tomar nun vaso de auga adulzada e ben quente.
-depurativa de Bardana: Combinando a Bardana con outras plantas medicinais pódese preparar unha excelente bébeda depurativa: esmiuzar e mesturar moi ben raíces de Bistorta, Dente de león, Liquiricia, Grama e Chicoria; facer unha infusión cunha cullerada desta mestura nunha cunca de auga, ferver 10 minutos. Debese tomar no desaúno temperada e sen azucre.
-anticatarral: Mesturar en auga fervendo durante uns minutos e a partes iguais, follas de Eucalipto, Malva, pétalos de Papoula e sumidades florais de Melisa e Hisopo. Filtrar antes de tomar adulzado con azucre.
-de Agripalma: contra da taquicardia: Mesturar 150 g de follas de Agripalma, 50 g de raíz de Valeriana e 100 g de follas de Romeo. Ferver nun litro de auga durante 5 minutos e filtrar. Tomar unha cunca moi quente pola noite antes de deitarse. Usar moderadamente non moitos días seguidos.
-de Ameneiro ante febrifuga: Deixar ferver nun litro de auga, durante 3 minutos, 30 g de follas de Ameneiro. Tomar 3 ou 4 taciñas o día ata que desapareza a feble.
-de Grama das boticas: Quitar a pel que recobre 50 g de rizomas en 3 litros de auga. Coar e beber 3 ou 4 taciñas o día.
-contra da gota reumática: Ferver durante unha media hora 20 ou 30 g de Marrubio negro (Balota), en tres litros de auga. Coar e tomar 2 ou 3 taciñas o día.
-contra a dermatoses: Ferver 30 minutos 200 g de follas de Olmo, 150 g de carapela de Sabugueiro e 20 g de raíz de Saponaria. Filtrar. Tomar 3 taciñas o día durante unha dúas semanas.
-de Verónica para catarros bronquiais, ronqueira e tose: Mesturar 60 g de sumidades florais, 15 g de balsamina (cresta de galo) e 10 g de raíz de regalícia. Deixanse en infusión dun litro de auga por un cuarto de hora e despois filtrase. Beber quente. Tomar coma un té unha ou duas veces o día.

También podría gustarte
Comentarios