8.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (III)

QUEIMADURAS; SÍNDROME DO TÚNEL CARPIANO; ANXINA DE PEITO.


3-QUEIMADURAS: Cando se ten unha lesión pola acción do calor sobre dos tecidos, existen algunhas plantas que poden axudar no seu tratamento. Ai 3 graos de queimaduras. Nas de primeiro grao, prodúcese un enrodelamento da pel, na de segundo grao, vexigas e nas de terceiro grao éscaras por necroses e destrucción dos tecidos. As plantas medicinais aplícanse so nas queimaduras de primeiro e segundo grao. A mais usada é o Áloe, xa que o ser un excelente cicatrizante non deixa cicatrices. Na actualidade usase nos hospitais de cirurxía plástica nos casos de queimaduras graves.
Outras plantas utilizadas son:
-Aloe: Cicatrizante, antiséptico, utilizado en queimaduras de calqueraáloe causa: Compresas ou xel do áloe.
-Acháiote: Cicatrizante e anteinflamatorio: Compresas con infusión das súas follas.
-Azucena: Emoliente, cicatrizante: Aceite obtido dos seus pétalos.
-Caléndula: Hidratante: Aceite elaborado das súas flores.
-Cinoglosa: Emoliente e cicatrizante: Cataplasmas con follas esmagadas (conteñen lanolina).
-Tilo: Anteinflamatorio: Compresas de infusión de flores.
-Oliveira: Rexenerador da pel: Loción co seu aceite.
-Zaragatona: Desinflamatorio: Cataplasmas coas súas sementes maceradas.
4-SÍNDROME DO TÚNEL CARPIANO: ¿Quén non ten sentido algunha vez a súa moneca resentida polo uso del rato ó manexa-lo ordenador? ¿Ou porque teña un traballo no que deba facer uso da mesma man para facer unha forza ou un movemento repetitivo?
Remedio para alivialo:
Ingredientes:
6 culleradas de arxila
1 cullerada de cal morta
Maceración en auga de tomiño
Alcohol de Romeo
Preparado:
-Habemos ter preparada unha amolecedura de auga de tomiño, que consiste en poñer 2 ou 3 culleradas sopeiras de Tomiño nun vaso de auga 24 días. Mestúranse as 6 culleradas de arxila e 1 cullerada de cal morta coa maceración da auga de tomiño ata facer una pasta. Untaremos toda a moneca e deixarémola actuar toda a noite, podendo envolvela cunha venda. Despois de quitado o emplasto, refregar con alcohol de Romeo, xa que é anteinflamatorio e alivia as dores.
5-ANXINA DE PEITO: Dor agudo no peito producido pola dificultade da circulación do sangue nas arterias coroarias.
Síntomas: Afogo, aumento do ritmo cardíaco, imposibilidade de respirar, dor agudo no peito.
Causas: mala circulación, arterioscleroses, alcohol, tabaco, estres, falla de exercicio.
Fitoterapia: Uso interno:
-Espiño branco: (Crataegus oxyacantha) Cocemento dunha cullerada de flores, por cunca de auga, dúas ou tres veces no día.
-Tomateira: (Solanum Lycopersicum) Comer tomates crus en ensalada.

También podría gustarte
Comentarios